+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

BOB DYLAN, PETER GREEN, OTIS RUSH, A TRADICIÓN E O PLAXIO

Falei deste home, Otis Rush, o venres, en Neda, como pai moral de All Your Love, Black Magic Woman e Beyond Here Lies Nothing. Púxeno como exemplo da delgada liña que separa a tradición do plaxio, e vou poñer aquí (se dou) estas tres cancións para que se podan escoitar e xulgar.

Dylan asina Beyond Here Lies Nothing no 2009

watch?v=7TbmP2vXeQs

Alguén lle pregunta a Peter Green, líder de Fleetwood Mac, se escoitou a canción de Dylan, que se parece sospeitosamente a Black Magic Woman, publicada por el 30 anos antes.

watch?v=6pT3OaV0g64

O tal Peter Green resposta que probablemente si, pero que non pasa nada, porque el mesmo se “inspirou” nun blues de 1958 titulado All Your Love (I Miss Loving), dun tal Otis Rush. Afirma ademais que probablemente Dylan teña bebido alí e non na súa.

watch?v=oMdn0EKH7Ys

E si, claro. Peter Green sabe do que fala. Ai está Beyond… sen pasar por Black… A cuestión é que Dylan asina neste mesmo disco My Wife’s Hometown e non ten ningún reparo en recoñecer a peternidade de Willie Dixon

watch?v=Q0J5Q6JUv5A&feature=fvst

Por que recoñece a Willie Dixon e non ao Gran Otis Rush? A saber. Non se acordaría. Non querería. Non lle caerá ben o tal Otis. Ou ao mellor é que se “inspirou” directamente no blues no que se “inspirou” Mr. Rush á súa vez. Quen sabe ata onde habería que mergullarse para atopar a orixe do maldito ritmillo…

De onde veñen as cancións? Esto do blues, da música tradicional, da creación popular, é a hostia. Porque con tocar a canción de Willie Dixon deste outro xeito, xa non hai quen lle pille o rastro.

watch?v=PIGxhcepiTc&feature=fvst

Porque esta é a mesma canción, non si? Ou non? Que raro é todo esto da música e como mola.

 

One Response to BOB DYLAN, PETER GREEN, OTIS RUSH, A TRADICIÓN E O PLAXIO


Comentarios


Trackbacks & Pingbacks »»

  1. Trackback by| comment_author_url Temple Run Download | 2013/04/27 at| comeent_time(h:I: 17:00:44

    Temple Run Download…

    +dylan…

Comments are closed