+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

MOMENTOS TDS EN NEDA

1º Momentazo: César falando (raro) e Eva, Rubén, Vituko, More, Cesita e Jenel atendéndolle (rarísimo) entre o numerosísimo público. A cara de alucine de Eva, neste caso refírome á concelleira de cultura máis guapa ao este de Duluth, Minnesota, cando me arrinco a cantar Black Magic Woman.

2º Momentazo: Os antes citados, por xunto e por partes, fumando nas escaleiras de incendios da Casa da Cultura, Asia a un lado, al otro Europa y allá a su frente, Caranza. Mentres, o escenario móntase só.

3º Momentazo: Probando son mentres Eva quita photos e Rubén abre botellas.

4º Momentazo: Hamburguesas e sangüiches para todos menos para min, que teño que comer as sobras dos mais. Xa están aquí Alex, Cruz e Vero. Elas, guapísimas. El, coma sempre.

5º Momentazo: Entrada na sala, onde nos agardan (que sensación esa, que estean agardando por ti!) as multitudes para comezar. E comeza.

6º Momentazo: Os rapaces do Instituto Fernando Esquío, comandados por Miguel Anxo, interpretan LARS e Knockin’ on Heaven’s Door. Dignísimos epígonos dylanianos. Unha honra inmensa ser teloneados por eles.

7º Momentazo: Agardamos a que Cesita coloque a batería, me roube o micro, e dea a saída cun sonoro “xa está”. Rocanroleamos a tope. Un bendito contraluz ao fondo da sala ofrécenos a afrodisíaca silueta de Eva, a nosa Eva, hottest girl in the room, bailando sen parar. Varias rapazas do instituto suben ao escenario a bailar Outlaw Blues. Rubén sigue abrindo as cervezas que Cesita pagou do seu bolsillo. 16’80.

8º Momentazo: Agora si, todos (10 persoas) apelotonados nas pouco fiables escaleiras de incendo fumando e comentando as incidencias. Un deses momentos de felicidade absoluta nos que un pode ata esquecer as máis silenciosas almorranas.

9º Momentazo: Despois de recoller quedamos sós na sala baleira, sentados uns nas cadeiras e outros no escenario, fumando outra vez, rindo e rajando de máis. Despedímonos da amabilísima e agradabilísima Copi e marchamos.

10º Momentazo: Rubén despídese. Quedamos papando frío e acabando as cervezas debaixo da marquesina á porta da Casa da Cultura. Canto algo. Exaltación da amistade. Vacilámonos. Cesita deixa ben claro que as cervezas pagounas el do seu bolsillo, inda que non semella darlle moita importancia. More despídese, que ten que madrugar. Despedímonos de Eva e Cesita, que non teñen que madrugar. Establecemos unha infalible e intelixentísima estratexia anticontroldealcolemia que eu me encargo de romper á primeira oportunidade. A mín iso da infalibilidade e o da intelixencia como que non.

11º Momentazo: Xa nas Pontes, poñémonos a iso e, como é costume, o Gran Jenel e un servidor prendemos, a falta de silvas e silveiras, nunha herba mollada. Déixoo san e salvo (máis ou menos) á porta da súa casa a unha desas horas cedo ou tarde depende de para quen pero, inhabilmente, lévome ás súas chaves. Ten que chamar para que lle abran. O que pasou despois queda na intimidade do seu fogar. Agardamos que, sendo a primeira vez, haxa comprensión.

2 Responses to MOMENTOS TDS EN NEDA


Comentarios

  1. Comment by more | 2012/04/22 at 00:43:56

    xenial!!!

  2. Comment by r.r. | 2012/04/23 at 09:59:00

    Cousas que se repiten na miña vida de parvo: a chicha da man dereita hinchada como síntoma de resaca. Se usase twitter poñería algo así como #rimembersacachapas.

    Pasárono ben explotando laboralmente a un pobre cheval. K. Browns.


Comments are closed