+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

COHEN, LEONARD COHEN

Hoxe celebramos aquí que un dos grandes, dos máis grandes (concretamente un dos dous máis grandes), viu recoñecido o seu talento. Conste que calquera premio é máis pequeno ca el e a súa obra, pero o recoñecemento nunca está de máis.
Aquí, en +dylan, aledámonos tanto, que hoxe convertímonos ao cohenismo e, como cohenitas que fomos, somos e seremos, celebrámolo con el. Grande, Cohen. Moi grande.

Coma un paxaro nun cable

Coma un borracho no coro da medianoite

Tentei ser libre ao meu xeito

Coma un verme no anzol

Coma un cabeleiro dun libro á antiga

Conservei os meus lazos por ti

E se, e se non fun correcto

Agardo que o deixes ir

E se, e se non fun sinceiro

Agardo que saibas que non ía contigo

Coma un bebé, morto ao nacer

Coma un animal co seu corno

Ataquei a todo aquel que tentou separarnos

Pero xuro por esta canción

E por todo o que fixen mal

Que o arranxarei para ti

Vin a un mendigo tordeando sobre o seu caxato de madeira

Díxome: non debes pedir demasiado

E unha fermosa muller apoiada na súa porta franca

Berroume: Eh! Por que non pedir máis?

Coma un paxaro no cable

Coma un borracho no coro da medianoite

Tentei ser libre ao meu xeito

Bird on a wire, Leonard Cohen

3 Responses to COHEN, LEONARD COHEN


Comentarios

  1. Comment by arume dos piñeiros | 2011/06/01 at 22:00:20

    Como filólogo voulle dicir que o de verme é marabilloso, pero por aquí din bicho. Como irmán, que máis podo dicir! Un bico moi forte.

  2. Comment by Anónima | 2011/06/02 at 00:11:11

    Unha das cancións máis fermosas do mundo.

  3. Comment by erre | 2011/07/17 at 22:56:26

    A ver ho. Aquí xa non se escribe?


Comments are closed