+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

10 REFLEXIÓNS

Este último evento do 70 aniversario levoume a varias reflexións (eu reflexionando! Co que eu teño sido…), entre o máis obvio e o máis absurdo.

1. Dylan é moi grande, cuantitativa e cualitativamente. O máis grande. Sen dúbida.

2. Hai milleiros e milleiros de dylanitas.

3. Os dylanitas son indistinguibles da xente normal.

4. Hai milleiros e milleiros de criptodylanitas. Nun paseo por calquera vila ou cidade, apoiado na barra dun bar, nun parque infantil, no super… estás rodeado deles, sen decatarte. É como naquela peli da invasión dos corpos. Inquietante. Dá medo descubrir, de súpeto, que un tipo ao que ti considerabas normal, gastou o outono pasado 1200 euracos na edición deluxe das míticas The W.C. Tapes.

5. A xente alucina coa cantidade de dylanitas e criptodylanitas que hai. Eu mesmo alucino. Non dou creto.

6. Hai xente máis dylanofriki ca min. Pero moitísisisisimo máis! Ata o infinito e máis aló! Se eu son case normal!

7. Na radio un tipo serio, profesional, formado e supostamente en poder de todas as súas capacidades físicas e mentais, dixo que non se decataba de ningunha outra persoa viva (viva, insistía, como se dubidara desa condición dylaniana) máis importante e influinte que Dylan. Dixo: “… Nelson Mandela…, pode…, ou pode que Stephen Hawkings…, si, tal vez… pero fóra deles…, a min, desde logo, non se me ocorre ninguén máis”. A min, teño que confesar, tampouco.

8. Dylan, aos seus 70 anos, xa é inmortal. A enerxía nin se crea nin desaparece. Transfórmase. E el, diso, sabe un wevo.

9. É Dylan consciente da súa dimensión? Debe ser jodido levar toda a vida de deus tentando rebaixar esa dimensión, tomando as decisións máis arbitrarias, contraditorias e autodestrutivas para a túa carreira, e decatarte logo de que non só non lograches rebaixala, se non que a fixeches medrar a cada paso. É como o do pobre Brian, tentando convencer á xente de que el non é Xesúscristo para acabar crucificado. Como somos os seguidores! Vemos unha sandalia no chan e… hala!

10. Belén Regueira é moi guapa. Ao mellor parécevos que non ten nada que ver, pero é que no meu imaxinario Belén/Dylan, Dylan/Belén, xa son un binomio, sexa o que sexa un binomio. Ademais as reflexións son miñas, non? Pois iso.

3 Responses to 10 REFLEXIÓNS


Comentarios

  1. Comment by r.r. | 2011/05/26 at 14:28:45

    Reflexionando así vai acabar nunha autodestrución dylanianoniananinanoniana. Güansaponataim. Cae de caixón.

  2. Comment by r.r. | 2011/05/26 at 14:39:46

    Musa da misa dylanianoniana dende xa. A Regueira, digo. Eu, que vivo nO Regueiro.


Trackbacks & Pingbacks »»

  1. Trackback by| comment_author_url Download Temple Run | 2013/05/19 at| comeent_time(h:I: 16:29:15

    Download Temple Run…

    +dylan…

Comments are closed