+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

NATIONAL RECORDING REGISTRY

Na famosa Library of Congress existe desde o 2002 o National Recording Registry, unha sección onde se recollen aquelas gravacións sonoras que polas súas relevancia e calidade (estética, cultural, histórica, tetemuñal), considérase que deben ter un especial tratamento e protección (no ámbito estadounidense, claro). Nese ano escolléronse as primeiras 50 gravacións, as mesmas que se foron escollendo en cada un dos anos seguintes. Hoxe en día son só 25 anuais os que entran nese rexistro.

Esto ven a conto porque Dylan apareceu entre os 50 primeiros escollidos de 2002, como non podía ser doutro xeito. Se non fora por calidade estética, tería que ser por calidade cultural, histórica (xa a estas alturas do partido) e/ou testemuñal. Nós sabémolo, e o que non o saiba, que o vaia sabendo, porque é así. Pode gustarche máis ou menos, pero iso é un feito indiscutible: Dylan, xa sexa coma persoa ou cousa, é un fito da cultura occidental do século XX, alguén ou algo que convertiu (ou contribuíu a convertir) o “antes” en “despois”.

Nesa lista de 2002 había rexistros desde o 1888 (Edison e os seus cilindros, orixe de tódalas gravacións) ata 1982 (Grandmaster Flash & The Furious Five, que son para ver). Polo medio, gravacións de campo feitas entre os indios cando estes inda vivían en tipis nas pradeiras, a Guerra dos Mundos, lecturas de T. S. Elliot e Rosa Parks, Eisenhower no Día D, ou o “Tiven un soño” de M. L. King. En canto á música, Dylan comparte espazo con Bessie Smith, Gershwin, Armstrong, a Carter Family, Igor Stravinsky, Woody Guthrie, Sinatra, Elvis e o inmenso Tito Puente.

A gravación dylaniana escollida para permanecer nesta especie de altar foi The Freewheelin’ Bob Dylan, o seu primeiro disco de cancións propias. Blowin’ in the Wind, Girl From The North Country, Masters of War, A Hard Rain’s A-gonna Fall, Don’t Think Twice, It’s All Right, Bob Dylan’s Dream, Oxford Town… Algúns diran displicentemente “non é o mellor disco de Dylan”. Pode que non (cuidadito: é un grandes éxitos), pero é o Big Bang dylaniano, a obra que o deu a coñecer e que o convertíu nun símbolo, nunha personaxe, moito máis aló da persoa que era/é: o Dylan do que aquí, en +dylan, falamos, o que non ten corpo e habita dentro de nós, dos nosos recordos. É tamén a obra que cambiou realmente a percepción da música popular. LARS é unha volta máis á roda, pero a roda xa estaba aquí toda enteiriña.

Pero que bobo son! Como me puiden eu preguntar por que Dylan seguía a ser para o siglo a encarnación do cantautor protesta? Que falta de ignorancia!

One Response to NATIONAL RECORDING REGISTRY


Comentarios

  1. Comment by GurB | 2011/05/23 at 22:07:30

    Bo!. Dylan es una puta bieja.


Comments are closed