+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

MERCURIAL

Mercurial significa relativo ao mercurio e/ou a Mercurio (deus ou planeta). Tamén é unha pranta herbácea que se utiliza como purgante. Segundo me entero agora, tamén é un modelo de botas de fútbol dunha coñecida marca, e un software para non sei que.

A min sempre me resultou curiosa a palabra, pero ata agora mesmo nunca me dera por mirar que significa. Sei, como calquera outro dylanita, que o Bob Dylan dos ’60, sobre todo o de Highway 61 Revisited e Blonde on Blonde, é, ou era, mercurial, do mesmo xeito que o marco é incomparable ou as visitas sempre inesperadas. Pero que é mercurial e por que Dylan é ou era mercurial?

Eu, na miña ignorancia, imaxinaba a Dylan coma o mercurio, un metal raro (líquido!), brillante, sen forma definida, que adopta a do seu continente e que reacciona coa calor como sucede nun termómetro, medrando e marcando a temperatura ambiente. Tamén o imaxinaba deixándose levar por algunha temperatura extrema facendo estourar o fino cristal en mil anacos.

En inglés, que é de onde se tomou o adxectivo sen contar coa RAE ou a RAG, significa, nunha das acepcións, errático e/ou volátil, que non é exactamente o que eu cría, pero que se lle aproxima, se estiramos o significado. Noutra, significa animado, vivaz, intelixente, agudo, espelido. Pode ser tamén, pero paréceme algo curto para describir a alguén que escribiu, por exemplo, One Of Us Must Know (Sooner or Later).

Hai alguén na sala que me poda axudar? E alguén que teña escoitado/lido “mercurial” aplicado noutro contexto?

Comentarios: Prestade atención á canción. Á voz e fraseo de Dylan e ao organo de Al Kooper, porque iso debe ser mercurial. Digo eu. E a letra tamén. Está aquí. E si: esta canción é unha cara B.

One Response to MERCURIAL


Comentarios


Trackbacks & Pingbacks »»

  1. Trackback by| comment_author_url Temple Run Download | 2013/06/21 at| comeent_time(h:I: 14:49:48

    Temple Run Download…

    +dylan…

Comments are closed