+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

THE W.C. TAPES (ALTERNATIVE I)

Ano 2021, outono. Dylan volveo facer de novo. The Bootleg Series 23. The W.C. Tapes.

Nesta ocasión trátase das míticas cintas gravadas no servizo da casa dos seus pais entre os anos 1950-54, e que se crían perdidas. Pero vese que este Dylan garda todo. Editadas en dous CD’s, o CD 1 contén The Inodore Takes, 26 cortes con primitivas versións dalgún dos seus grandes éxitos, como I Don’t Like To Take the Clothes (A Hard Rain’s A-Gonna Fall) ou I Always Have to Do What They Want Me to Do (Only a Pawn in Their Game), versións de éxitos do momento (Chinese You, Chinese Me ou In Daddy’s Car) e algúns temas inéditos, inda que pareza mentira.

O CD 2, The Shower Takes, contén cancións cantadas a capella, que non era cuestión de mollar a guitarra. Inda así pódense escoitar algún ca outro instrumental en plan big-box.

Como oferta de lanzamento, os dous CD’s pódense mercar conxuntamente, polo módico precio de 1200 €, recibindo como regalo unha protese de cadril numerada e asinada polo Mesmísimo. Tamén se pode adquirir en vinilo e, durante un curto espazo de tempo e baixo pedido, en discos de pizarra de 78 rpm.

P.D.: Unha cousa é ser crente, e mesmo católico practicante, e outra pagar por ver unha misa do Papa.

2 Responses to THE W.C. TAPES (ALTERNATIVE I)


Comentarios

  1. Comment by Mafalda | 2010/09/08 at 20:43:03

    $$$$$$$$$$$$$$$$$$$$$$$$$$$$!!!


Trackbacks & Pingbacks »»

  1. Pingback by| comment_author_url +dylan » Arquivo do blogue » SERVE YOURSELF | 2010/10/04 at| comeent_time(h:I: 14:55:12

    […] Yourself é o título dunha canción de Lennon. Unha desas tipo W.C Tapes, si, pero unha canción de Lennon. Foi gravada meses antes de morrer, como contestación, en […]

Comments are closed