+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Sen clasificarArchive for the '' Category


BOB DYLAN, PETER GREEN, OTIS RUSH, A TRADICIÓN E O PLAXIO

Falei deste home, Otis Rush, o venres, en Neda, como pai moral de All Your Love, Black Magic Woman e Beyond Here Lies Nothing. Púxeno como exemplo da delgada liña que separa a tradición do plaxio, e vou poñer aquí (se dou) estas tres cancións para que se podan escoitar e xulgar. Dylan asina Beyond […]

MOMENTOS TDS EN NEDA

1º Momentazo: César falando (raro) e Eva, Rubén, Vituko, More, Cesita e Jenel atendéndolle (rarísimo) entre o numerosísimo público. A cara de alucine de Eva, neste caso refírome á concelleira de cultura máis guapa ao este de Duluth, Minnesota, cando me arrinco a cantar Black Magic Woman. 2º Momentazo: Os antes citados, por xunto e […]

COHEN, LEONARD COHEN

Hoxe celebramos aquí que un dos grandes, dos máis grandes (concretamente un dos dous máis grandes), viu recoñecido o seu talento. Conste que calquera premio é máis pequeno ca el e a súa obra, pero o recoñecemento nunca está de máis. Aquí, en +dylan, aledámonos tanto, que hoxe convertímonos ao cohenismo e, como cohenitas que fomos, somos e […]

MAÑÁ É MOITO TEMPO

0017618205 Se hoxe non fora unha estrada torta Se esta noite non fora un camiño virado Se mañá non fora durar tanto Entón a soidade sería nada para tí Oh! Se o meu verdadeiro amor me estivera agardando Se dera escoitado o seu doce corazón Só se ela se deitara canda min Volvería á miña […]

10 REFLEXIÓNS

Este último evento do 70 aniversario levoume a varias reflexións (eu reflexionando! Co que eu teño sido…), entre o máis obvio e o máis absurdo. 1. Dylan é moi grande, cuantitativa e cualitativamente. O máis grande. Sen dúbida. 2. Hai milleiros e milleiros de dylanitas. 3. Os dylanitas son indistinguibles da xente normal. 4. Hai […]

BOB DYLAN

“E agora, cara onde vas levar todo isto, Bobby?” Robbie Robertson en 1970, no coche, de regreso de Princeton, onde Dylan acababa de recoller o seu doctorado Honoris Causa en música.

NATIONAL RECORDING REGISTRY

Na famosa Library of Congress existe desde o 2002 o National Recording Registry, unha sección onde se recollen aquelas gravacións sonoras que polas súas relevancia e calidade (estética, cultural, histórica, tetemuñal), considérase que deben ter un especial tratamento e protección (no ámbito estadounidense, claro). Nese ano escolléronse as primeiras 50 gravacións, as mesmas que se foron […]

THE TIMES THEY ARE A-CHANGING

Hoxe ía eu para o curro escoitando a radio (cousa pouco habitual) e puxeron The Times They Are A-Changing (xa sabedes: Come gather ‘round people / wherever you roam…”). Primeiro quedei abraiado, supoño que en parte por que a puxeron a traizón, sen avisar nin nada, e en parte porque era o Gran Bob Dylan, […]

MERCURIAL

Mercurial significa relativo ao mercurio e/ou a Mercurio (deus ou planeta). Tamén é unha pranta herbácea que se utiliza como purgante. Segundo me entero agora, tamén é un modelo de botas de fútbol dunha coñecida marca, e un software para non sei que. A min sempre me resultou curiosa a palabra, pero ata agora mesmo […]

A VER SE NOS ACLARAMOS

Os dylanitas somos lexión. Os antidylanitas somos, tamén, lexión. Pero a lexión máis grande é a dos indiferentes, os ignorantes (descritivo, non insultante), os que pasan moi moito de Dylan e fan ben. Esto ten xerado un problemilla coa imaxe do Vate de Minnesotta (por Dylan! Póñenseme os pelos como escarpias ao dicilo) que, por […]