+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for the 'Sen clasificar' Category


Going, Going, Gone.

 
Moi ben. Até aquí chegamos. Despois de darme un tempo para pensar e sobre todo para probar se había vida fóra do blogomillo, volvo xa nada máis que para dicir adeus. Entrego esta blo ao seu lexítimo dono, Rubén, para que faga con ela o que lle pete. Se decidira borrala só lle pido que […]

Limpeza de Sangue, #2 (por suposto)

 
Hai uns días, nun descanso á porta do local de ensaio, estabamos Kenny Dallas e máis eu alí falando mentres tomabamos unhas cervexas e nos faciamos un mei. Saíu o amigo Rubén na conversa, que mira que anda baixo o home, con tristuras e sustos, con mal rollo e ansiedade. Pobre, diciamos. Habería que facer […]

Xudas II

Os ingleses non comen. Ben é certo que teñen aí un momentiño de relax a media mañá que chaman lunch onde tiran dun medio sandwich de ovo e outro medio de crema de maní con leituga, un pasteliño de amora e un pouco de zume concentrado de melocotón, pero iso é todo. Ben. Pois nós […]

Xudas I

Hai uns anos estiven en Manchester invitado polo prof. Robert Rotcher, da Keele University, para dar unhas charlas sobre a incidencia da acidificación do substrato vexetal no crecemento do arce xaponés (a miña especialidade), no eido dun congreso sobre fontes de enerxía alternativas. Non vos vou aburrir con detalles. O caso é que , rematada […]

JFM. In Memoriam

Seguro que vós coñecedes ou coñecestes a algún/algunha LARS. É o que ten a arte: que reflicte a realidade. Eu coñecín unha desas ánimas descritas nesa canción universal: érase unha vez un rapaz guapo e brillante que repartía os seus sorrisos coma outros moedas nos sombreiros dos mendigos. Unha palabra súa, unha palmada no ombreiro […]

Dylan nun dicionario de música musical

Acaba de caer nas miñas mans a nova edición do The New Grove Dictionary of Music and Musicians da Universidade de Oxford, unha monumental obra de 29 tomos que recolle todo sobre a música musical de tódolos tempos do mundo mundial. Como é a miña obriga para con todos vós, vou e busco Dylan. Son […]

Falando de polos, netos e poemas con Mrs. Rutman

1999, Minneapolis, Moseh´s Butcher. Entra unha vella.
-Ola, Mo
-Qué tal, Mrs. Rutman! Cánto tempo!
- Xa, meu amigo. Pero é que xa sabes que entre que estou soa, a idade e o médico, a carne case rematou para min.
-Non pasa nada. Logo ten a familia de novo por aquí?
-O meu neto Jakob, que ven coa súa dona […]

Dylan cañí

Como diciamos onte… Qué frase. En fin. Que hai uns días falabamos aquí do contexto musical americano cando Dylan comezaba a súa carreira e hoxe, digo eu, ben paga a pena ver o que pasaba por aquí máis preto, inda que non teñamos Billboard.
Digamos para comezar que no 1962 inaugúranse os concertos do Price, que […]

Non pode un faltar nin un día

Resulta que cando estiven por aí de rule, cando escapei, para entendernos, a miña marabillosa De la Highway Sixty Band (DlH6′Band) non parou de traballar e actuar por putis e furados polo estilo, é dicir, de facer o de sempre. Como tardaba tanto en volver e non daba sinais de vida, o amigo e teclista Kent […]

UNHA RECEITA DA NAI DE BOB DYLAN

Biscoito de plátano con anacos de chocolate de Beatty Zimmerman
Ingredientes:
1 cunca de azucre
½ cunca de manteiga ou margarina, branda
2 ovos
4 culleres sopeiras de crema de leite
2 plátanos maduros, esmagados
2 cuncas de fariña
1 ½ culleiriñas de fermento
1 culleiriña de bicarbonato
Anacos de chocolate (100 a 200 grs.)
Recipiente para biscoitos
Quentar previamente o forno a […]