+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2011/05


MAÑÁ É MOITO TEMPO

0017618205 Se hoxe non fora unha estrada torta Se esta noite non fora un camiño virado Se mañá non fora durar tanto Entón a soidade sería nada para tí Oh! Se o meu verdadeiro amor me estivera agardando Se dera escoitado o seu doce corazón Só se ela se deitara canda min Volvería á miña […]

10 REFLEXIÓNS

Este último evento do 70 aniversario levoume a varias reflexións (eu reflexionando! Co que eu teño sido…), entre o máis obvio e o máis absurdo. 1. Dylan é moi grande, cuantitativa e cualitativamente. O máis grande. Sen dúbida. 2. Hai milleiros e milleiros de dylanitas. 3. Os dylanitas son indistinguibles da xente normal. 4. Hai […]

BOB DYLAN

“E agora, cara onde vas levar todo isto, Bobby?” Robbie Robertson en 1970, no coche, de regreso de Princeton, onde Dylan acababa de recoller o seu doctorado Honoris Causa en música.

NATIONAL RECORDING REGISTRY

Na famosa Library of Congress existe desde o 2002 o National Recording Registry, unha sección onde se recollen aquelas gravacións sonoras que polas súas relevancia e calidade (estética, cultural, histórica, tetemuñal), considérase que deben ter un especial tratamento e protección (no ámbito estadounidense, claro). Nese ano escolléronse as primeiras 50 gravacións, as mesmas que se foron […]

THE TIMES THEY ARE A-CHANGING

Hoxe ía eu para o curro escoitando a radio (cousa pouco habitual) e puxeron The Times They Are A-Changing (xa sabedes: Come gather ‘round people / wherever you roam…”). Primeiro quedei abraiado, supoño que en parte por que a puxeron a traizón, sen avisar nin nada, e en parte porque era o Gran Bob Dylan, […]