+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2010/12


CHARLIE III

Austin, Texas, 20 de abril de 2003 Bob Dylan está almorzando no Empire Hotel cando pola porta entra Margaret Moser, aquela gruppi dos ’70 e parte dos ’80 reconvertida hoxe en figura da prensa musical, polo menos polo que respecta a Texas, que non é pouco. Todo aquel coñecemento non había quedar en nada, e Margaret sempre […]

CHARLIE II

Austin, Texas, 25 de outubro de 1991 O Coliseum está a reventar e Dylan é feliz. Remata un set acústico a metade do concerto con It’s All Over Now, Baby Blues, 20/20 Vision (de Milton Estes e Joe Allison) e Mr. Tambourine Man. Electrifícanse de novo e entón Dylan anuncia a Charlie como artista invitado. O […]

CHARLIE I

Austin, Texas, 28 de xaneiro de 1976 Morreu a RTR. Dylan tomaría unha copa, pero non pode. Non sabe onde está, pero intúe que é a casa dun camello porque coñece unha morea delas: un coche vello e potente á porta, rexas nas ventás, cen pechaduras na porta, unha boa tele e un mellor equipo de música soando alto. O resto tamén é de […]

THE PRESENTEIXON!

Andivemos esta tempada coa minixira de presentación da nosa magnífica obra A Néboa Amarela, espectáculo de luz e son que titulamos, de xeito orixinal, THE PRESENTEIXON!, acompañados por uns cantos amigos (Santiago Cortegoso, Roberto Casteleiro, Suso Pensado, Morenight, Jenel, Vituko e, coma fichaxe de última hora, o amigo Cybermode). Un éxito rotundo. De público e […]