+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2010/11


(OUTRO POUCO DE) AUTOBOMBING

Este sábado, ás 20:00, o amigo Rubén Ruibal e un tal César Candelas presentan a súa obra A Néboa Amarela  (ANA/BDB) no CULTURGAL, que este ano se celebra no Pazo da ******* de Pontevedra. Podedes vir todos. Conviña ademais. Vai ser breve. Brevísimo. Brevérrimo. Non teñades medo. Estou pensando que de tan breve, case lles vou […]

THE DYLAN SESSIONS XIV

Despois de gravar Mozambique, escoitar unha primeira mezcla da peza, mexar, botar outro (pitillo) e beber o primeiro líquido insán que atopamos, estamos no momento chave da session, ese no que hai que decidir se xa chegou ou se seguimos. É un momento moi difícil porque como imos ata arriba de poción(s) máxica(s) (algúns máis ca outros, que hai […]

THE DYLANS SESSIONS XIII

Como a cousa ía razonablemente rápida e sen moitos atrancos, o cantante lanzouse. “Teño aí desde hai ben tempo unha idea para unha versión…” As ideas traídas da casa non son recibidas con caraveis nas TDS (inda diría máis: alí manda o momento, así que o máis posible é que ninguén che faga puto caso) pero como era […]

AUTOBOMBING

E que queredes que vos diga? É que teño por aquí unha cativa de oito anos que entre outras cousas, mentres pinta, imita a Jenel cando este versiona a Los Enemigos con iso de “que bien me lo paso con mi almohada”. Bueno, pois esa mesma cativa estaba facendo hai un rato os deberes aquí ao […]

THE DYLAN SESSIONS XII

Hai un tipo que vive lonxe de aquí, nun sitio que se chama New Bedford (Massachussets), aí asomado ao Atlántico, como queréndonos ver, que é un seguidor das nosas TDS desde o primeiro día. Ten truco: é das Pontes, vello amigo dalgúns dos músicos das xa míticas sessions (nalgún caso máis que amigo), e inda […]