+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2010/10


THE DYLAN SESSIONS XI

Pois si, volvímolo facer. Parece mentira. Algún xa nin se acordaría de que unha vez un par de tipos tiveron a xenial, xa que non orixinal, idea de xuntarse con outros tipos para gravar cancións de, oh, si, Dylan. Case se nos olvida a nos! Desde xaneiro que non nos reuníamos para darlle un pouco […]

DYLAN SICK

Co voso permiso voulle adicar este pos ao amigo Morenight, que día a día, paso a paso, vai caendo no máis fondo dylanismo. Porque xa sabe que a mellor canción de Dylan é sempre a última que escoitas (todas son unha das súas 500 mellores cancións!); que sempre podes descubrir unha xoia ata no último rincón de calquera dos […]

SOMEDAY BABY

No 1935, Sleepy John Estes (voz e guitarra) e Hammie Nixon (harmónica) grabaron un blues composto polo primeiro, chamado Someday Baby Blues. Só seis anos máis tarde, outro bluesman, Major “Big Maceo” Marriweather, colleu aquela peza, deulle unha volta e grabou Worried Life Blues, que pasa por ser o blues máis versionado da historia. Hai quen di […]

BENVIDOS SEXADES SEMPRE!

Case se me escapa! Hoxe hai catro anos que ando a voltas con +dylan. Como gracias a esta bló fixen algúns amigos (pero dos de verdade, eh? analóxicos e todo) e, o que é inda máis importante (se cabe, que non cabe), non perdín ningún pola súa culpa, hoxe voume confesar coma un home afortunadísisisisimo de ter […]

THE W.C. TAPES (ALTERNATIVE II)

Lémbranme que hoxe é o día no que se pon a venta The Witmark Demos, o Bootleg Series n. 9. Xa lle adiquei un post no seu día, pero a verdade é que tiña máis preparados e non estamos para tirar nada. Naquela ocasión foi o amigo De Katanga o que escolleu a alternativa, á que aportou […]

GRACIAS, JESÚS

Mítica portada. Polo menos na miña casa. Este libro foi a Biblia do meu irmán, logo miña. Que sería de nós sen este libro? Téñoo aquí na miñas mans. Un exemplar da 3ª edición de 1974 mercado no 1975 e autografado polo meu irmán, que fixo algunha que outra anotación nel. Está feito po: a cuberta […]

ÍDOLOS

Un ídolo, segundo o dicionario, é unha persoa obxecto dunha admiración extrema, dunha especie de culto, coma ese pai forte que pode con todo, ou ese mestre que todo o sabe. Seica por desgracia hai xente que non ten/tivo un pai forte nin un mestre sabio, así que non todo o mundo ten ídolos. Poida que nin falta lles […]

SERVE YOURSELF

Serve Yourself é o título dunha canción de Lennon. Unha desas tipo W.C Tapes, si, pero unha canción de Lennon. Foi gravada meses antes de morrer, como contestación, en principio, á conversión de Dylan en Cristiano Renacido (CR10, por tratarse del). Trátase dunha contestación violenta, moi violenta, a Serve Somebody. É difícil saber se tiña intención de […]