+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2010/09


POR QUE?

Xa sei que cando falo dunha canción de BD sempre digo iso de “é unha das 500 mellores cancións de Dylan”, pero é que no caso de Black Diamond Bay (BDB), é verdade. Por que? Por moitas cousas. Primeiro porque destaca nun disco, Desire, que é unha auténtica obra mestra do noso amigo, e sendo o […]

SAMBURAN

En Indonesia, fronte a Borneo, hai unha illa que se chama Pulau (illa, en indonesio) Laut. Un deses lugares paradisíacos de praias brancas que a penas levantan dous dedos das augas, se esquecemos neste caso unha pronunciada elevación cara ao noreste. Algún día, de feito, debeu ser un paraíso. Hoxe é un nó de comunicacións marítimas de máxima […]

A BAÍA DO DIAMANTE NEGRO / BLACK DIAMOND BAY

Asomada no branco soportal Leva un corbatín e un sombreiro panamá O pasaporte amosa una cara Doutro tempo e lugar A que non se parece nada O vento levou os restos Do seu pasado recente Camiña sobre o piso de mármore Cando unha voz desde o casino Invítaa a entrar Sorrí e segue o seu camiño Mentres […]

E ESTES DOUS…

Agora estou moi canso, así que non me vou meter a filosofar nin a reflexionar nin a nada. Tan só deixar constancia de que un par de amigos meus colleron Black Diamond Bay e a convertiron en obra de teatro. Tampouco vou opinar se está ben ou mal. Dicir, iso si, que o que non pode negar ninguén é […]

THE W.C. TAPES (ALTERNATIVE I)

Ano 2021, outono. Dylan volveo facer de novo. The Bootleg Series 23. The W.C. Tapes. Nesta ocasión trátase das míticas cintas gravadas no servizo da casa dos seus pais entre os anos 1950-54, e que se crían perdidas. Pero vese que este Dylan garda todo. Editadas en dous CD’s, o CD 1 contén The Inodore Takes, […]

BIG BANG

Nesta bló non somos nada de novas e tal. Quero dicir que vivimos nun espazo temporal totalmente indefinido, e deixamos as novidades e esas cousas para outras blós máis serias e postas na realidade. Pero é que ás veces un non ten máis remedio que entrar ao trapo. Di Stephen Hawkings que deus non existe. Pero a […]

BLACK DIAMOND BAY

Velaquí unha das mellores cancións, xa non de Dylan, senón da propia historia da música popular do século XX. Inda que en breve se falará aquí largo e tendido de Black Diamond Bay, hoxe quero falar, precisamente, da música popular do século XX, e máis en xeral, do Tempo e do seu paso, tan lento como imparable. […]

MÁIS UCRONÍAS

Despois daquela conversa con Morenight inda pensei (!) algo máis sobre a/as morte/s destes músicos. Porque supoñer que tería pasado con Hendrix de sobrevivirse pode resultar máis o menos sinxelo, cousa que non podemos dicir de poñerse no caso de que tivera morto antes. Cando digo antes, digo moito antes de convertirse no Hendrix que […]