+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2010/07


25 DE XULLO DE 1965, DOMINGO, FESTA DA FRAGA EN NEWPORT. THE VERMOUTH SESSION

Vaia lío que nos montamos tal día coma hoxe hai 45 anos! Que se Día da Patria Galega, que se Festa da Fraga, que se Festival de Newport… Se ata estivemos a punto de coller nun cruce e ir a Vermont, que nos soaba porque alguén nos falara da Vermont Session ou algo así. En […]

ERA GAY O TAL Mr. JONES?

Seguimos con BTM, que para ser inintelixible dá moito que entender. Aló vou. Entre os que cren que o tal Mr. Jones era un tipo concreto hai un subgrupo que sostén que, ademais de concreto, era gay e, de paso, que Dylan é (ou era, vaian vostedes saber) un homófobo. Tal cal. Isto vai parecer cachondeo, pero a […]

CON Mr. JONES A VOLTAS

Contrariamente ao que se di no pos anterior, a xente que sabe (ou cre saber) de que vai a cousa afirma que este Mr. Jones é un tipo concreto, con nome e apelidos.  A meirande parte deles din que Mr. Jones é (ou era, vaia vostede a saber) Max Jones, un periodista e crítico do Melody […]

Mr. JONES

Jones é, con Smith, o apelido máis común no mundo anglosaxón, segundo me ten contado o amigo Rubén*. Isto quere dicir que, na interpretación menos comprometida da Balada do Home Delgado (BTM), o tal Mr. Jones viría a ser o Sr. López ou Pérez, é dicir, un home corrente, ata pode que vulgar, un pai […]

BALADA DO HOME DELGADO

Pois nada. Que non hai xeito. Mira que busco e rebusco e non dou atopado ninguén que entenda Ballad of a Thin Man. Vale que todo o mundo pense que é unha das 500 mellores cancións de Dylan, pero entender entender, non a entende nin o Mesmísimo. Aquí xa falou o amigo Rubén dela, hai […]

RONNIE “HURRICANE” BLAKLEY

Seguro que coñecedes a esta muller. Que si, oh! Tédela visto nun cento de series e películas: Pesadilla en Elm Street (que medo!), Hotel (aquela serie onde aparecía Connie Selleca… huuummm!), Autopista ao ceo (sen palabras), algún que outro telefilm… Seguro que si. Pois aí onde a tedes, é a voz que acompaña a Dylan en Hurricane. Por […]

(DES)CONCERTO. ANEXO ELECTRIZANTE

Non lembraba eu (pero si Vituko) outro dos percances do concerto do Xanela, e iso que case morro. Na fase do “ola, si, ola, si”, resulta que cando levaba uns catro ou cinco saúdos e afirmacións, notei un pequeno chispazo no micro. Pouca cousa. O micro era o de Vituko, coido que un Beringher con […]

(DES)CONCERTO III

A todo esto serían xa ás 10 e media da noite cando chegou a mesa, e quedaba todo por cablear e, o máis importante, había que aprender a manexar o trebello sen cursiño que valera. Proba-erro. Diso encargouse Vituko, mentres eu dicía sen parar no micro “ola, si”. Cando calaba, Vituko insistía: “fala, fala”. E eu “ola, […]

(DES)CONCERTO II

Despois desa ida e volta (exactamente unha viaxe e media As Pontes-Vilalba), chegamos ao Xanela e descargamos. Di Alex, amigo, condutor e pipa ocasional: “Xa está?”. “OK”, dicimos nos. “Moitas gracias, neno!”. Polgares en alto á porta do Xanela, caras de felicidade intensa, de relaxación total. Bueno, total total, non, pero conste que a súor fría que percorría […]