+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2010/06


(DES)CONCERTO I

  Di Homer Simpson que hai tres tipos de persoas: os que saben contar e os que non. Eu, coma el, sonche tamén destes últimos. Dos que non, nin falta que lles fai, dos que se manexan no caos, nese punto onde non hai arriba nin abaixo, esquerda nin dereita, onde non hai nin contas que botar. […]

QUE DURO É SER BOB DYLAN!

“Isto de serche Bob Dylan é durísimo. Ben é certo que hoxe, co tempo, lévoo moi ben, pero quen me dera saber a metade do que sei hoxe hai 20, 30 ou 40 anos. Saír dun concerto e ter alí á xente agardando, uns poucos amigos e unha morea de putas e camellos… Todo o […]

COHEN & DYLAN

Cóntame Morenight esta divertida anécdota dun encontro entre Leonard Cohen e Bob Dylan (palabras moi, pero que moi maiores). Non sei se o conto está ou non contrastado, pero se pouco me importa a min, a vós supoño que tampouco. O importante é que é divertida. DYLAN: Mola esa Hallelujah! Canto tempo te levou facela? […]

O RAPTO DE EUROPA

Xa está Dylan nesta beira do charco. Non virá por Galicia, o máis preto que pasará de nós será por Vitoria, o día 26 deste mes. Eu iría, que queredes que vos diga, pero é que teño concerto no Xanela de Vilalba, así que El, que non suspende concerto nin agonizando (ou sexa, que non suspende), saberá disculparme. Chegou […]