+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2010/05


BOLEROS, ROCANROL E MATEMÁTICAS

Cada vez teño máis claro, e que Dylan me perdoe se me equivoco, que o rocanrol, coma os boleros, é un 80% de paixón, emoción, e un 20% de música. E un bo rocanrol, 85% paixón, emoción, e un 15% música. E apurando un pouco máis, xa teríamos sen dúbida unha das millores cancións da […]

E EU CON ESTES (ESCASOS) PELOS!

Había tempo que non pasaba polo myspace de DlH61, ese lugar onde colgaba as miñas cancións cando non tiña con quen tocalas, con quen compartilas, con quen quitalas de viaxe por eses escenarios de dylan. Moito che cambiou o conto. Pero en fin, alí están, tan pequenas, tan feitiñas. Digo esto porque casualidade casual, esas […]

A MÍTICA PROGRESIÓN HARMÓNICA

  Parece ser (no planeta Dylan sempre parece, nunca é) que BD escribiu LARS en Houston, nunha cabana que lle prestara Peter (Paul & Mary) aló por xuño do ’65. Acababa de volver dunha xira por Inglaterra, estaba moi, moi canso, tiña que camelar a Sarah Lowndes (que miraba moi mal a Joan Baez), e non tiña moi […]

24 DE MAIO, DÍA DO ORGULLO DYLANITA

Vai sendo hora de que nos fagamos visibles. Xa está ben de escurantismo. Son dylanita, si, que pasa? Somos moitos os que sufrimos en silencio os ataques dunha sociedade intolerante que busca que os seguidores de Dylan adoptemos determinados comportamentos que se consideran “normais”, o que fai que moitos dylanitas asuman como propia esa dylamadversión, autonegándose (ou algo […]

RANDY NEWMAN E OS RISIN’ SONGS BLUES

Hai un par de días actuaba en Badalona o gran Randy Newman (que pai ou nai non tarareou algunha vez “hai un amigo en min…”?), descrito pola prensa como un tipo serio e retranqueiro sentado ao piano, cantando e tocando cancións perfectas dun xeito perfecto diante dun público calado, atento, en actitude reverencial. Inmediatamente lembrei unha entrevista […]

THE HOUSE OF THE RISING SONG II

Sigamos. Pero as cancións son inquedas, gústalles ir de aquí para aló, e así foi que nun despiste esta da que falabamos montou nalgún daqueles barcos de vapor para facer o camiño de volta, río arriba. Alí en Tennessee estábaa agardando co seu banjo Clarence (máis coñecido como Tom) Ashley, un deses minstrels, músicos/actores que percorrían a rexión como titiriteiros, agora formando parte dunha compañía […]

UN ANO MÁIS, E QUE TODOS O VEXAMOS

(Nin é un dellaví, nin me falla a memoria: esto publícase tódolos 5 de maio desde que esta bló existe e seguirá sendo así. Felicidades unha vez máis, meus irmáns)  Casei con Isis o día 5 de maio, mais como non fun quen de retela durante moito tempo, ordenei de cortar o pelo e fuxir camiño dun descoñecido país, deses onde […]

THE HOUSE OF THE RISING SONG I

Non ando moi ben de memoria, así que igual vos contei esta historia algunha outra vez. Iso si: seguro que doutro xeito, así que podedes ler tranquilos xa que diso mesmo vai a cousa. Hai 100 ou 200 anos, a un tipo, habitante dalgúnha pequena granxa nos Apalaches, os seus conveciños pedíronlle que tocara unha. […]