+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2010/02


CURIOSO, NON SI?

  Hai algún tempo descubría eu unha conexión dylaniano-brasileira coa versión que Gal Costa facía de It’s All Over Now, Baby Blue, sen dúbida unha das 500 mellores cancións do vate de Minnesota (esto do “vate de Minnesota” é unha horterada de carallo, e torpe torpe, de escritor malo de verdade, pero como nin son Proust nin aspiro, […]

THE DYLAN SESSIONS X

Conste que o de X é por 10, non por outra cousa. Quero dicir que non ides atopar aquí a Rebeca Linares. Mágoa. Polo lado bo, e moi afortunadamente, tampouco atoparedes a ningún dos membros, con perdón, da troupe “thedylansessions” en plan sexmachine, o cal, á larga, é boisísimo para manter intacta a líbido dos/das lectores/as.* Por […]

WHEN BOB MET SCARLET III

Mentres conducía cara ao Village, onde alugara un pequeno estudo para os ensaios, Dylan contoulle que lle andaba dando voltas á idea de facer unha pequena xira por teatros, bares, prazas, locais sociais…, concertos repentinos, sen anuncios, sen avisos de ningún tipo, coma os circos, coma os titiriteiros. Un par de autobuses rodando por esas estradas de […]

WHEN BOB MET SCARLET II

“Pídelle o número de teléfono”, dixo Dylan entre dentes e sen sacar os ollos do punto de fuga. “Dame o teu número de teléfono, anda. Chamarémoste”, recuncou Sarah, aburrida xa do asunto. “Eu non lle dou o meu número de teléfono ao primeiro que mo pide na rúa”, contestou Scarlet, mirando para o condutor. Era Bob Dylan, si, […]

WHEN BOB MET SCARLET I

Vai parecer un conto de fadas, pero non o é. Así foi como pasou, ou polo menos así foi como o contou a propia Scarlet. Bueno, algo de literatura tamén se lle meterá á narración, por que non? A literatura é como un anaco de pan: axuda a tragar a realidade. Tamén pode que pareza un soño, un deses que compartimos milleiros e […]

THE DYLAN SESSIONS IX

O momento chave da noite foi cando enganchamos On A Night Like This. O título da canción xa o di todo. Esta era unha elección do gran Morenight (outra pista: outra “noite máis”) desde o primeiro día, coido que desde o día en que dixemos “oes, e por que non nos xuntamos e facemos…”  Por […]

ABRAIADOS ONCE AGAIN

Na bló BCDmúsica do amigo Benjamín Cruz Díaz faise unha homenaxe a TDS. Resulta emocionante, e supoño que inda máis para algún dos membros do proxecto, especial, e merecidamente, homenaxeados. Fixo incluso un vídeo adicado a nós, o cal, que queredes que vos diga, énchenos de orgullo e satisfacción, como ao outro. Gracias, Benjamín. Xa […]

E OUTRAS MIL GRACIAS MÁIS

Mira que ben! O myspace de TDS xa chegou ás 2000 visitas. Un montón de amigos de Dylan. Ou uns poucos amigos fieis que repiten. Dá igual. Moitas gracias. Por certo, que o outro día falaba cun amigo analóxico que me confesaba que a el Dylan, de sempre, nin fu nin fa, pero que desde […]

É SÓ ROCANROL?

O venres pasado tivemos ensaio os amigos de QCP!, probando unha nova canción. Catro tipos nun garaxe húmido, forrado de hueveras e polispán, tentando darlle forma a unha idea. Prestounos. Ritmo bluesy e estribillo pegadizo. Non estivo mal. Despois, como é preceptivo, xogamos un terceiro tempo pola noite pontesa, rodeados de amigos. Afortunadamente. Moi afortunadamente.  Non acabaramos […]