+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

E OUTRAS MIL GRACIAS MÁIS

Mira que ben! O myspace de TDS xa chegou ás 2000 visitas. Un montón de amigos de Dylan. Ou uns poucos amigos fieis que repiten. Dá igual. Moitas gracias.

Por certo, que o outro día falaba cun amigo analóxico que me confesaba que a el Dylan, de sempre, nin fu nin fa, pero que desde que se enganchara a TDS, como que xa o comezaba a ver con outros ollos. Aí o tedes: a labor de apostolado funciona. Alédome de contribuir a que a Igrexa Adventista Dylaniana Dun Día Destes se vaia enchendo.

Te alabamos, Dylan.

2 Respostas to E OUTRAS MIL GRACIAS MÁIS »»


Comentarios

  1. Comentario por morenight | 2010/02/02 ás 15:39:31

    amen!

  2. Comentario por r.r. | 2010/02/02 ás 19:42:05

    Louvámoste señor (Tales of Yankee Power)


Deixa unha resposta »»