+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2010/01


THE DYLAN SESSIONS VIII

Tras Outlaw Blues, suxerencia de More, Isis, suxerencia de Dlh61 e elección de Manu. Descansiño para facer sitio (e) para meter máis líquido. Fumes varios. Xente que entra e sae do local. As mulleres máis guapas do mundo (as mulleres dos músicos), tamén.  Isis é unha obra mestra dentro dunha obra mestra en si mesma, o […]

ABRAIADOS

Durham, NC; Ypsilanti, MI; Pittsburgh, PA; Springfield, VA; Irvine, CA; Lawton, MI. Son os nomes dalgunhas das cidades norteamericanas desde onde entrou xente para ver (e tal vez escoitar) o myspace de The Dylan Sessions. O abraiante do asunto é que desde hai polo menos un mes a porcentaxe de xente que visita o noso […]

THE DYLAN SESSIONS VII

De novo ao tallo. Despois de case dous meses de parón, que agardamos non se repita, o día 16 de xaneiro parimos a III Session. Desta volta volvimos contar con César á batería e recrutamos a un feroz guitarrista, o gran Manu Yáñez, disposto a cortar o ar coa súa Ibanez. Volvía o rock’n’roll. Quedamos […]

MAÑÁ DE SÁBADO

Hoxe á noite hai Session. Para me ambientar poño BIABH. Tento meterme na pel dun quinceañeiro do ano ´64 (Tom Waits, Patti Smith, Bruce Springsteen…) escoitando por vez primeira este furacán de palabras, de sons, esa violencia verbal, esa contundencia, esa exhibición de seguridade e orgullo, esa falta de inocencia… esa música do demo. Tento meterme […]

Hibbing, 1956

Aquí estou, en Hibbing, 1956. Estou á porta da Hibbing High School, algo nervioso, porque por esa porta sairá nuns minutos Bob Dylan. Bueno, Bob Dylan inda non existe, nin el o sabe, pero vai saír dun momento a outro por esa porta, iso seguro. Tamén estou nervioso porque xa hai un rato que cheguei […]