+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2009/11


MIL GRACIAS

As que vos tedes.  Acabamos de chegar ás 1000 visitas no myspace de The Dylan Sessions. Non está mal para uns amigos tocando e pasándoo de medo. Dylan, que é moito Dylan. Mil gracias a todos.

THE DYLAN SESSIONS VI

O día 14 de novembro volvímonos reunir na Chorima’s House. Levabamos xa varios intentos, buscando músicos e tal, pero diante das dificultades de poñer de acordo a persoas de tan excelso e ocupado gremio, ao final decidimos facer un set acústico. A idea era versionear algo con dúas guitarras e voz, pero… que dicía dos músicos? Fallounos Vituco, […]

SOLD-OUT

Dentro dunhas escasas 5 horas, aprox., pecha Dylan o seu tour de outono, encadrado niso que os demais chamamos The Never Ending Tour. 33 datas en 46 días. Será en Nova Iorque, no United Palace Theater, 4140 Brodway, esquina coa 157, en Washington Heights. As entradas están entre os 60 e os 130$ e, xa vos […]

THE DYLAN SESSIONS V

Á volta comezamos cos coros. Outra vez o cableado. Escoitamos de novo as cancións recén gravadas, ás que imos atopando máis defectos á vez que nos reafirmamos no obxectivo destas Dylan Sessions: divertirnos o máis posible mentres retratamos o infinito cancioneiro dylan. E tampouco se pretende retratalo con fotos artísticas nin fotoxó, senón máis ben con […]

COMO SE PROVOCA UN ACCIDENTE POÉTICO: OS PROTAGONISTAS II

Despois de provocar o accidente, os músicos saíron cear e tomarlle unhas cervexas. Ou o que se terciara. Todos? Non. Como aqueles galos famosos na súa aldea, algúns inda resistiron algo máis e seguiron a traballar. Bobby Gregg foi un deles. Xa estaba na porta cando Tom Wilson (outro dos perpetradores) lle dixo que necesitaba […]

THE DYLAN SESSIONS IV

A gravación de Gotta Serve Somebody xa foi máis tranquila. A canción escolleuse a petición de Jenel, pero todos estaremos de acordo en que é unha das 500 mellores cancións de Dylan, así que sen problema. Tralo subidón de New Pony houbo un receso, como é preceptivo nestes casos, con discusión incluída sobre que se […]

COMO SE PROVOCA UN ACCIDENTE POÉTICO: OS PROTAGONISTAS I

Nos anos ’40 as rúas do Harlem estaban infestadas de ionquis, macarras, traficantes e outras xentes de bo vivir e inda mellor morrer. Para unha nai traballadora e sóa que tentaba criar ao seu fillo naquel barrio, o único momento e lugar que percibía como seguros para el era o oficio do domingo na Paradise Baptist Church da […]

ACCIDENTE POÉTICO

“Toma catro”, dixo Wilson. Esta había ser a toma definitiva, e a única vez que esta canción se tocara tal cal. “Un, dous… un, dous ,tres”: os golpes de caixa e bombo non son tan fortes como os da toma anterior, pero dalgún xeito crean máis espazo para destacar, e empurran aos outros unha fracción […]

THE DYLAN SESSIONS III

Agora quen está ao mando é César, sentado á batería. Sentado é un xeito de falar, porque ten algo así como o baile de sanvito. Sae e entra 157 veces, bebe (agora mesmo, diante da escaseza de víveres, un bebedizo indescritible, imposible de identificar a simple vista e, como se nega a levalo a un laboratorio, […]