SOLD-OUT

Dentro dunhas escasas 5 horas, aprox., pecha Dylan o seu tour de outono, encadrado niso que os demais chamamos The Never Ending Tour. 33 datas en 46 días. Será en Nova Iorque, no United Palace Theater, 4140 Brodway, esquina coa 157, en Washington Heights. As entradas están entre os 60 e os 130$ e, xa vos aviso, está todo vendido. O United Palace Theater foi nun principio (abriu en 1930) un cine, pero tralo seu peche foi mercado aló polos ‘70 polo Reverendo Ike, que o transformou na sé da súa igrexia, algo así como a Igrexia Unida da Vida e da Ciencia, non o teño moi claro e tanto me dá. Un agudo sentido do negocio levouno a programar alí actuacións musicais e teatrais, para o que fixo unha restauración do edificio escrupulosamente respectuosa co orixinal. É absolutamente fascinante. Non digo bonito. Pero si fascinante.
Dylan programou tres concertos aquí estes últimos días. Nos dous anteriores ofreceu un selís de 17 cancións cada día, algo máis de media hora, repetindo LARS, Highway 61 Revisited, Cold Iron Bound, Jolene, All Along the Watchtower e outra que non lembro, un total de 28 cancións distintas. Seis desas cancións pertencen ao seu último traballo (descontando as panxoliñas), e o resto pertencen ben aos ‘60 ou aos dez ou doce últimos anos. Dos ´70, ‘80 e ‘90, nin rastro. Principio e final. E hoxe fará igual. Ou non, claro.
Ladies and Gentlemen, Mr. Bob Dylan.