+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2009/05


DYLAN ARRINCANDO

O outro día foron as últimas cancións. Hoxe, as primeiras. Son, en xeral, más movidas e menos sentidas cas últimas, supoño que lóxicamente. Non hai cancións coa carga mítica dunha Sarah ou dunha Sad-Eyed Lady of the Lowlands, pero, carallo, Dylan arrincou elepés con cancións como Like a Rolling Stone (Highway 61 Revisited, 1965), The Times are […]

SATÁN

Entras no bar para empezar ben o día cun café e un donus e les unha nova coma esta. O noxo é total. O café non sabe. O donus tampouco. Non o soporto. Non quero odiar a ninguén, pero non o podo evitar. Non podo imaxinar tanto padecemento e inda menos nun neno. Fillos de […]

DE LA HIGHWAY 45

  De novo un pouco de autobombo. Desta non gañei (gañamos) nada, pero hai que celebrar igual. De novo a xa mítica banda [encuarentena] no seu último concerto no Palique o 27 de decembro de 2008. De esquerda a dereita: Miguelanxo (guitarra solista), Xan (guitarra rítmica), Víctor (batería), Jenel (baixo) e, ao micro, De la Highway 61, […]

AS ÚLTIMAS CANCIÓNS DE DYLAN

Desde It Ain’t Me Babe (Another Side of Bob Dylan, 1964) até unha das miñas últimas all time favourites,  It’s All Good (Together Through Life, 2009) e pasando por Buckets of Rain (Blood on the Tracks, 1975), hai unha morea de últimas cancións dylanianas coas que se podería encher un recopilatorio sobradito en cantidade e calidade. […]

DYLAN BAIXA AO INFERNO DOS BLUESMEN

  Bob Dylan vai montado no seu Chevrolet. Leva unhas botas de pel de serpe, pero non se ven. Á carón da autoestrada un home vestido para o caso, cunha túnica e unha coroa de loureiro. Leva un libro grande. Dylan para. O DO LOUREIRO: “Onde quere que o leve?” DYLAN: “O coche é meu” […]

ISIS, HOXE É UN GRAN DÍA (E VAN DÚAS)

Casei con Isis o día 5 de maio, mais como non fun quen de retela durante moito tempo, ordenei de cortar o pelo e fuxir camiño dun descoñecido país, deses onde non é moi aconsellable perderse. Cheguei a un pobo cheo de claroescuros polo medio do cal pasaba a fronteira, amarrei o cabalo a un […]