DYLAN ARRINCANDO

O outro día foron as últimas cancións. Hoxe, as primeiras. Son, en xeral, más movidas e menos sentidas cas últimas, supoño que lóxicamente. Non hai cancións coa carga mítica dunha Sarah ou dunha Sad-Eyed Lady of the Lowlands, pero, carallo, Dylan arrincou elepés con cancións como Like a Rolling Stone (Highway 61 Revisited, 1965), The Times are a-Changin’ (The Times…, 1964), ou Hurricane (Desire, 1976)auténticas franquicias (non digo que sexan as mellores porque se escolleramos outras 13 ao chou, haberíao que dicir tamén, e é aburrido).
Inda que non foi o seu primeiro disco, a carreira de Dylan escomezou co The Freewheelin’ (1963). E que canción abre ese elepé? Blowing in the Wind. Decide cambiar de rumbo e publica Bringing It All Back Home (1965). Que é o primeiro que escoitamos? Subterranean Homesick Blues. E todo así. É difícil dicir algo delas que non se teña dito xa, incluso nestes mesmos píxeles. Que se pon tristeiro? Recíbete con Tangled Up in Blue (Blood on the Tracks, 1974). Que se converte? Toma Serve Somebody (Slow Train Coming, 1979).
E hai máis. Poderían ser todas as primeiras cancións de tódolos seus discos, pero como quero que copiedes todas estas e vos fagades un CD con elas, pois teño que seleccionalas. Co meu criterio, claro. Pode que non sexan as mellores, pero si as que máis me din cando falan. Aí están por dereito propio Rainy Day Woman (Blonde on Blonde, 1966), If Not For You (New Morning, 1970), Changing of the Guards (Street Legal, 1978),Jokerman (Infidels 1983), Love Sick (Time Out of Mind, 1997), ou Beyond Here Lies Nothing (Together Through Life, 2009). Esta, con ese parecido sospeitosísimo con Black Magic Woman, tan vacilona, é do mellor do último disco.
A disfrutar.