+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

SATÁN

Entras no bar para empezar ben o día cun café e un donus e les unha nova coma esta. O noxo é total. O café non sabe. O donus tampouco. Non o soporto. Non quero odiar a ninguén, pero non o podo evitar. Non podo imaxinar tanto padecemento e inda menos nun neno. Fillos de puta. Era pouco queimarvos a todos.

Mira pola ventá, nena

Hai algo que che gustaría ver

Unha banda toca “dixie”

Un tipo saúda á fascista

Podería ser o führer

Podería ser o cura do teu barrio

Algunhas veces, xa sabes

Satán disfrázase de santo

 

Manexa ben a lingua

Sabe como falar

Sabe calquera canción de amor

Que alguén puidera cantar

As boas intencións

Esconden as malas

E pode ter as mans cheas de graxa

Algunhas veces, xa sabes

Satán disfrázase de santo

 

Primeiro colócase ao fondo

Despois diante de todo

Os seus ollos miran

Como se estivera de caza

Ninguén sabe o que pensa

Nin o xefe de policía

Algunhas veces, xa sabes

Satán disfrázase de santo

 

Cóllete cando agardas

Por un raio de sol

Cóllete cado os teus problemas

Parecen pesar unha tonelada

Podería estar ao teu carón

O tipo no que nunca te fixarías

Algunhas veces, xa sabes

Satán disfrázase de santo

 

Sabe como chamar a atención

E como pasar desapercibido

É capaz de saltar ás cataratas

Metido na túa cabeza

Cheiro que algo está ao lume

Que vai haber unha festa

Algunhas veces, xa sabes

Satán disfrázase de santo

 

É moi humanitario

Un gran filántropo

Sabe cómo tocarte, nena

E onde queres que te biquen

A besta rodéate cos brazos

E sintes o seu doce bafo

Algunhas veces, xa sabes

Satán disfrázase de santo

 

O lobo vai ouvear esta noite

A serpe xigante reptará

Árbores de máis de mil anos

Caerán de súpeto

Queres casar? Faino rápido

Mañá xa non haberá nada

Algunhas veces, xa sabes

Satán disfrázase de santo

 

Nalgún lugar unha nai chora

Polo seu filliño

Sostén os seus zapatiños brancos

E un xoguetiño roto

Sigue unha estrela

A mesma que aqueles tres homes

Seguiron en Oriente

Algunhas veces, xa sabes

Satán disfrázase de santo

 

 (Man of Peace, Infidels, 1983)

3 Respostas to SATÁN »»


Comentarios

  1. Comentario por r.r. | 2009/05/21 ás 13:13:17

    (Ovación, triste, pero ovación)

  2. Comentario por arume dos piñeiros | 2009/05/22 ás 02:08:32

    Algunhas veces non.

  3. Eue
    Comentario por Eue | 2009/05/22 ás 18:10:02

Deixa unha resposta »»