+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2009/04


FÓRA DE AQUÍ NON HAI NADA

  Ben, quérote, miña rula Non coñecín outro amor Mentres esteas aquí comigo Deste mundo serei Señor   Por aí abaixo non hai nada nada do noso corazón   Voume despois da medianoite Hai coches rotos nas rúas Non sei moi ben o que faría Sen non fora detrás túa.   Por aí abaixo non hai nada […]

A QUEN LLE IMPORTA UN NOVO DISCO DE DYLAN?

Nese ámbito, por suposto, non é diferente  a calquera outra das miñas cancións. É a mesma manchea de versos métricos, coma un poema. Para min, é coma un poema. As melodías na miña cabeza son moi simples, baseadas en toda esa música coa que todos medramos. E iso e a música que vai máis aló ou […]

HAI MOITOS DYLAN, PERO ESTÁN TODOS NESTE

Non semellaba existir consenso nos meus seguidores. Uns prefirían as cancións da miña primeira época. Outros, as da segunda. Habíaos que prefirían o período cristián. Outros o post-Colombino. Outros o prerrafaelita. Incluso a outros gustábanlles as cancións dos ’90. Agora vexo que á audiencia impórtalle ben pouco de cando son as cancións. Senten o estilo e a mensaxe dun […]

BABY BLUE (e VI)

De Connie nunca máis se soupo. Nin de Arnold Friend. Esta historia que eu conto aquí é unha moi libre tradución/resumo/plaxio/recreación/transcrición do relato “Where are you going? Where have you been?“, escrito e publicado por Joyce Carol Oates no 1966, e quixo esta escritora que a historia tivera ese final aberto e ningún outro. Cada quen haberá de imaxinar […]

BABY BLUE V

“Está no patio da casa”, dixo con seguridade. Despois, cos ollos lixeiramente pechados e fitando a ningures, como se estivera mirando para dentro de si, continuou, “Está tomando a súa terceira Budwaiser co bo do Sr. Stoodwell. Rin. Un chiste vello sobre unha moto e unha moza de Ransom Creek” Connie coñecía o conto, oído […]

PARA LUNA

  Díxome Luna: non me gusta Bob Dylan. Non pasa nada, fermosa, pero… porque non o escoitas outra vez? Digo escoitar, non oír.  Unha vez máis. Ou a primeira. Veña, por min. Son cinco minutos nada máis e paga a pena. Tal vez debas saber que o que canta nesta canción non é unha letra […]