A QUEN LLE IMPORTA UN NOVO DISCO DE DYLAN?

Nese ámbito, por suposto, non é diferente a calquera outra das miñas cancións. É a mesma manchea de versos métricos, coma un poema. Para min, é coma un poema. As melodías na miña cabeza son moi simples, baseadas en toda esa música coa que todos medramos. E iso e a música que vai máis aló ou máis atrás, baladas isabelinas e todo iso… Para min, é vello. É vello. Non é algo, co meu escaso talento, se o podes chamar así, o meu escaso… Para min, calquera que estea aí podería ler o que pasa aí fóra se realmente está interesado en ser un artista do tipo dos que queren ser artistas cando cheguen á idade de Picasso. É mellor que esquezas aprender teoría musical. Mellor que o deixes se queres escribir cancións. Mellor que pilles o ton hillbilly e tentes basear todo o que fagas nel. Até a música country está moito máis orquestada do que o soía estar. Mellor que abandones o sentimento por esa música que non podes ter na cabeza, que tes que escribir nunha folla. Para min esa é a xente que… se toma en serio o seu oficio. A xente que o fai así. Non a xente que quere exhibir o que leva dentro e que teñen que quitar esa gran idea e lle teñen que contar ao mundo sobre ela… podes facelo a través dunha canción, sempre podes. Podes usar unha canción para calquera cousa. O mundo non necesita máis cancións.
O mundo non necesita máis cancións. Non, xa hai abondas. Quizais demasiadas. De feito, se ninguén escribira máis cancións de hoxe en diante, o mundo non sufriría por iso. Ninguén se preocuparía. Xa hai suficientes cancións para que a xente as escoite, se é que realmente queren escoitalas. Cada home, muller e neno no mundo, poderían ter, cada un, probablemente, uns cen discos, sen repetir ningún. Hai cancións abondas. A non ser que apareza alguén cun corazón puro e algo que dicir. Pero esa é unha cuestión diferente. Pero o que é escribir unha canción, iso faino calquera idiota. Se me viras facelo a min, verías que calquera idiota podería facelo. Non é algo tan difícil. Calquera escribe unha canción, do mesmo xeito que todo o mundo ten unha gran novela que escribir…. (…) Podes entrevistar a Neil Youn, John Mellencamp… Por suposto a meirande parte da xente que é coma min escriben as súas propias cancións e as cantan. Non pasaría nada se ninguén máis gravara outro disco. Temos suficientes cancións. Para min, alguén que escribe realmente boas cancións é Randy Newman. Hai un montón de xente que escribe boas cancións. Falamos de cancións. Pero Randy non podería saír ao escenario e noquearte e deixarte bobo. E tampouco vai facer alucinar á xente da primeira fila. Non o fará. Pero vai a escribir mellores cancións que as que farían a meirande parte dos compositores. Sabes, ten o que hai que ter. Sabe música. Sabe música. Pero iso non te dará nada mellor que «Louisiana» ou » «Cross Charleston Bay» ["Sail away"]. Nada mellor que iso.
Bob Dylan, 1991, 18 anos antes de publicar o seu último disco