+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2009/03


AUTOBOMBO E AUTOHOMENAXE

    Hai hoxe unha semana recibía a boa nova de que o meu amigo Rubén e un servidor gañaramos o III Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega. Unha ledicia inmensa, infinita. Non tódolos días gaña un un premio e moito menos desa entidade. Inda non o celebrara cos contados (incontables […]

BABY BLUE IV

“Eu coñézote, Connie”, di el por toda resposta. “A ver, damos esa volta?” “A onde imos?” “A dar unha volta, Connie”, resposta despois de sacar as gafas e deixar ver uns bonitos, fondos, azuis, pero cansos ollos. “Eu non che dixen que me chamara Connie” “Pero eu sei que ese é o teu nome. Sei moitas […]

BABY BLUE III

Connie recoñece de inmediato ao condutor. É o mesmo tipo que estaba onte no parquin, o mesmo tipo que a fitou e a chamou co dedo. Connie achégase á porta mosquiteira. Está inqueda, algo asustada, quizais, pero a curiosidade e a inconsciencia poden máis ca prudencia. O diálogo é rápido, alternando plano e contraplano con […]

BABY BLUE II

Connie afasta da ventá. Tira da toalla e sacude o pelo por riba dos seus ombreiros. Camiña cara a nós. Agora vémola en todo o seu esplendor, descalza, co pelo mollado e a camiseta tapando escasamente a metade das súas coxas de muller recente. Sae da casa e senta nas escaleiras do porche coa cabeza para […]

BABY BLUE I

Estamos nunha desas solitarias casas de madeira branca con porche e porta mosquiteira no medio dun inmenso campo de millo a medio medrar. Desas casas que temos visto centenares de veces nalgunhas películas americanas. Xeralmente, agora que o penso, son boas películas esas nas que saen casas brancas de madeira con porche. Logo, non é necesario que […]

Man Rike

Volveu facelo. Este home non ten remedio. Hoxe, en El País, nunha columna adicada ao último disco de Van Morrison,  volve quitar a Dylan de paseo. Só tarda 37 liñas en referirse a Dylan, e unhas poucas máis en nomealo directamente. E sempre igual. Esto non tería importancia se non fora porque o pobre home renega […]

Negro amor

  Vá, se mande, junte tudo que você puder levar Ande tudo que parece seu é bom que agarre já Seu filho feio e louco ficou só Chorando feito fogo à luz do sol Pois alquimistas já estão no corredor E não tem mais nada, negro amor A estrada pra você é um jogo e […]

Unha confusa confusión

Vaia por diante que todo o que respecta á gravación desta canción e, por extensión, á do album The Freewheelin’ (1963) enteiro, é unha auténtica mixed-up confusion. De tódolos xeitos, as cousas deberon suceder dun xeito semellante a como se van expoñer.   O 14 de novembro de 1962, xuntáronse no Estudo A da Columbia […]

Bob Dylan e a crise

Din que vivimos nunha época de crise económica da que inda non se ve o fondo. Din que o peor está por pasar. Din que non se vende nin un coche, malia que eu, que quero comprar un, podo garantir que inda non vin, nos concesionarios que visitei, moito afán, esforzo e/ou interese por vendermo. […]

De volta a casa

Pois así é. Penitenciagite. Aquí estamos de novo para ver aos amigos e comprobar que todos seguides ben. Qué imos facer? Pois o que facíamos antes de marchar: dar voltas ao redor de Bob Dylan, é dicir, de nós mesmos. Por canto tempo? Nin se sabe, pero non hai mal que cen anos dure e […]