Going, Going, Gone.
Moi ben. Até aquí chegamos. Despois de darme un tempo para pensar e sobre todo para probar se había vida fóra do blogomillo, volvo xa nada máis que para dicir adeus. Entrego esta blo ao seu lexítimo dono, Rubén, para que faga con ela o que lle pete. Se decidira borrala só lle pido que a deixe aquí, non sei, uns 15 días, quizais algo máis, para darme a oportunidade de despedirme con este pos de todos os que pasan por aquí, incluso os que pasan de pascuas en ramos (qué apropiado!).
Que saibades (quen lle interese) que o pasei moi ben, que aprendín moitas cousas, que traballei moito e deixei aquí moitas horas e neuronas, que durante un tempo sentín a necesidade vital de chutarme blogomillo varias veces ao día, que sentín interese polo que diciades, o que pensabades, que quixen deixar e deixei a miña opinión en canto debate se formulou e incluso nalgún que non se formulara até que cheguei eu a levar a contra (touchin’ balls). Pero rematou. O mundo virtual pode ser moi grande, pero tamén pode resultar moi pequeno, e o meu foise encollendo até a mínima expresión. Non sei. Será cousa miña. Cansei.
Repito: foi moi divertido mentres durou. Aquí, coscretamente, estivemos movéndonos ao redor de Bob Dylan, The Man in Me, utilizándoo como excusa para coñecernos mellor a nós mesmos. Non foi nada importante, tan só unha palla (mental) máis no enorme palleiro (mental) que é o blogomillo. Pero fixemos amigos (Hai un amigo en min) e iso si que é importante. Ben pagou a pena. Carallo se a pagou.
Como despedida, unha nova canción. A sexta. Non será a última, agardo seguir facendo versións dylanianas con máis ou menos fortuna (maiormente) e colgándoas no meu sitio blogdylan.podomatic.com (os meus amigos, supoño, faránse eco de cada saída). Nesta ocasión aproveitamos esa marabillosa She Belongs To Me (o meu atrevemento non ten límite), unha das 500 mellores cancións de BD, e facemos Non pertence a ninguén. A instancias do gran Kenny Dallas utilizamos un sample ben coñecido por todos, por variar, que coño. Coido que non está de todo mal, contando sempre coa boa vontade e disposición dos amigos de +dylan. De tódolos xeitos non se trata máis (nunca se tratou, supoño que iso sempre estivo claro) que de divertirse, sen pretensións de ningún tipo.
Bueno, amigos. Lorenzo, Mánel, Rubén, Nessuca, Ana, César, Isabel, Mario, Juan, o Home do Tempo (Antonio?) e algún máis que non coñezo e se me escapa. Os que pasaron por aquí e deixaron a súa pegada. Tamén os que pasaron e por unha ou outra razón non a deixaron. Os que volveron unha e outra vez e os que, mágoa, non quixeron volver. Xa sodes todos meus. Para sempre.
Son Chiquito de la Highway 61. Por favor, non me esquezades. Un bico e moitas gracias por todo. Que pasedes unha boa noite.