+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2007/12


JFM. In Memoriam

Seguro que vós coñecedes ou coñecestes a algún/algunha LARS. É o que ten a arte: que reflicte a realidade. Eu coñecín unha desas ánimas descritas nesa canción universal: érase unha vez un rapaz guapo e brillante que repartía os seus sorrisos coma outros moedas nos sombreiros dos mendigos. Unha palabra súa, unha palmada no ombreiro […]

Dylan nun dicionario de música musical

Acaba de caer nas miñas mans a nova edición do The New Grove Dictionary of Music and Musicians da Universidade de Oxford, unha monumental obra de 29 tomos que recolle todo sobre a música musical de tódolos tempos do mundo mundial. Como é a miña obriga para con todos vós, vou e busco Dylan. Son […]

Falando de polos, netos e poemas con Mrs. Rutman

1999, Minneapolis, Moseh´s Butcher. Entra unha vella. -Ola, Mo -Qué tal, Mrs. Rutman! Cánto tempo! – Xa, meu amigo. Pero é que xa sabes que entre que estou soa, a idade e o médico, a carne case rematou para min. -Non pasa nada. Logo ten a familia de novo por aquí? -O meu neto Jakob, […]

Dylan cañí

Como diciamos onte… Qué frase. En fin. Que hai uns días falabamos aquí do contexto musical americano cando Dylan comezaba a súa carreira e hoxe, digo eu, ben paga a pena ver o que pasaba por aquí máis preto, inda que non teñamos Billboard. Digamos para comezar que no 1962 inaugúranse os concertos do Price, […]