Dylan nun dicionario de música musical

Acaba de caer nas miñas mans a nova edición do The New Grove Dictionary of Music and Musicians da Universidade de Oxford, unha monumental obra de 29 tomos que recolle todo sobre a música musical de tódolos tempos do mundo mundial. Como é a miña obriga para con todos vós, vou e busco Dylan. Son algo máis de dúas páxinas escritas por un tal Dai Griffiths que inclúen unha bibliografía con máis de 50 referencias. Penso se transcribir todo, resumilo ou quitar citas, e decido, se non vos importa, facer o último. Vou.
“Retrospectivamente, o periodo folk (seguindo a Guthrie, vestindo, falando e soando rural) parece algo impostado. De feito o seu primeiro single (Mixed Up Confusion, 1962) foi un trallazo rockabilly que semella alonxado dos seus discos acústicos, e as mellores das súas cancións protesta (The Lonsome Death of Hattie Carroll e Spanish Harlem Incident, 1964) son coidadosas construcións da linguaxe, tan atentas á forma como á mensaxe. Semella un rapaz que necesita imitar o estilo local do momento mentres profunda nos detalles formais.”
“…atopando as fontes da música folk e do blues, descubriu moitas das posibilidades formais da canción. Deste xeito fixo uso duns mínimos recursos que permaneceron constantes nas súas gravacións: unha distintiva voz para as palabras, unha guitarra para os acordes (limitada aos básicos acordes diatónicos, facendo das séptimas e dos acordes cromáticos algo extraordinario) e unha harmónica para as pontes.”
“Ese son baseado no piano, co órgano e deixando espazo para os solos de guitarra, foi o que alimentou á E Street Band de Springteen, aos Rumours de Graham Parker ou aos Attraction de Costello. O máis importante principio que Dylan estableceu foi tomar ese son, por basto que fora, e, apoiándose nel, aplicarse a unha boa letra. Esto cobra todo o seu sentido no contexto da poesía Beat do tempo: Ginsberg ao lado de Dylan mentres este amosa as palabras chave de Subterranean Homesick Blues.”
“A idea de algo tan provocativo, longo e literario como LARS (1965) convertíndose nun éxito comercial foi un momento de liberación no rock. Este periodo tivo un gran efecto na música e nos grupos pop: a influencia de Dylan pódese atopar onde quera que unha banda se sinta feliz tocando os acordes máis sinxelos mentres o cantante saca adiante letras cun fraseo coidadosamente traballado.”
“The Basement Tapes (1975, gravadas no 1967) estableceron o compromiso de Dylan coa evanescente natureza do presente, a súa preferencia pola canción interpretada como oposta á canción como documento publicado ou ao disco como son producido. Seu compromiso co presente foi máis aló da canción mesma: estableceu o encontro entre o periodismo rock, o cotilleo e a novela, e infiltrou a prosa surrealista nas notas das carpetas dos seus discos. O directo para Dylan foi sempre unha forma de facer un comentario creativo sobre algunha canción anterior, e nunca unha oportunidade para unha axeitada ou fiel imitación.”
“A habilidade de Dylan para quitar cancións longas cunha rima de calidade tan consistente era algo nunca visto no rock. O son, incluso a voz, cambian de disco a disco (Blood on the Tracks, Desire, Street Legal); hai unha relativamente escasa atención á produción e Dylan continúa enganchado ao día a día, ao presente visualizado, a través da relación dos discos coas actuación en directo (RTR). O rango de variación das cancións deste tempo é impresionante e quizáis nunca superado: formalmente, experimentan cun narrador fluctuante (Jacques Levy botándolle unha man); as letras manteñen a altura, acadando o cumio con Blood on the Tracks; a protesta é substituída por un ton épico, con cancións que falan de xustiza (Idiot Wind, Hurricane) ou de redención (Street Legal); Lily, Rosemary… é unha virtuosa demostración de intelixencia.”
“[Falando da súa influencia] Moitas áreas moi importantes non foron tocadas: soul, funk e rap non resultaron afectadas prácticamente, a súa influencia sobre o mundo da poesía é insignificante e a súa relación coa música contemporánea inexistente. De tódolos xeitos, a irritante presencia de Dylan reflicte a condición social do Modernismo artístico. Na súa habilidade para reflectir a circunstancia histórica, nos detalles (como poeta, como escritor de cancións de amor, como defensor da fraxilidade dos directos), e como usuario da linguaxe é onde as innovacións de Dylan deixaron a súa meirande pegada nas artes, entendidas estas no máis amplo e xeneroso sentido da palabra.”
Nota: O da foto é o tal Dai Griffiths. Ía poñer aquí o seu curriculo para que virades que desto entende un huevo (e ademais non é dylanita), pero como din que unha imaxe vale máis que mil palabras, pois iso, aí tedes a foto. Saber ten que saber a hostia. Forzosamente.