+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2007/11


Non pode un faltar nin un día

Resulta que cando estiven por aí de rule, cando escapei, para entendernos, a miña marabillosa De la Highway Sixty Band (DlH6’Band) non parou de traballar e actuar por putis e furados polo estilo, é dicir, de facer o de sempre. Como tardaba tanto en volver e non daba sinais de vida, o amigo e teclista Kent […]

UNHA RECEITA DA NAI DE BOB DYLAN

Biscoito de plátano con anacos de chocolate de Beatty Zimmerman Ingredientes: 1 cunca de azucre ½ cunca de manteiga ou margarina, branda 2 ovos 4 culleres sopeiras de crema de leite 2 plátanos maduros, esmagados 2 cuncas de fariña 1 ½ culleiriñas de fermento 1 culleiriña de bicarbonato Anacos de chocolate (100 a 200 grs.) […]

Comparando

Debeu ser este verán que nalgún artigo sobre Elvis Presley lin unha declaración dun dos gardiáns do seu legado, alí en Graceland, que dicía que se ben as imaxes de Elvis no programa de Ed Sullivan (as máis famosas de todas as imaxes do mundo mundial) podían resultar curiosas, só se se ve aquel programa […]

Lone Tree Ferry’s Talking Blues

  Falaba no pos anterior dunha suposta canción cun título, Lone Tree Ferry’s Talking Blues, que faría referencia, malia ser unha invención, a un lugar real. No 1849, en plena California Gold Rush, un home chamado William D. Brown chegou a Kanesville, unha cidade fundada recentemente á beira do Missouri que pouco tempo despois cambiaría […]

12 verbas

Alguén tivo a ocurrencia, pola rede adiante, de mirar cales son as 12 verbas máis usadas por BD nas súas cancións. Supoño que debería confirmar tal cousa, pero a verdade é que hai unha manchea de tonterías nas que perder o tempo como para repetir a que xa fixo outro desocupado (e. g., este pos). […]

+dylan II

Convertimos de novo esta blo no que un día foi, +dylan, despois dun tempo de rubenmanía coido que máis que xustificada. Semella que de novo o amigo dlH61 se atopa con folgos e ganas de volver traballar para o inglés, ese gran mecenas do blogomillo. Haberá que ter paciencia. Anda un pouco enferruxado. Iso si, […]