UNHA RECEITA DA NAI DE BOB DYLAN

Biscoito de plátano con anacos de chocolate de Beatty Zimmerman
Ingredientes:
1 cunca de azucre
½ cunca de manteiga ou margarina, branda
2 ovos
4 culleres sopeiras de crema de leite
2 plátanos maduros, esmagados
2 cuncas de fariña
1 ½ culleiriñas de fermento
1 culleiriña de bicarbonato
Anacos de chocolate (100 a 200 grs.)
Recipiente para biscoitos
Quentar previamente o forno a 350 graos. Remexer xuntos o azucre e a manteiga. Engadir os ovos e bater ben. Engadir a crema de leite e os plátanos maduros. Remexer ben.
Nun recipiente á parte, remexer a fariña, o fermento e o bicarbonato. Engadir esta mestura seca á mestura anterior, logo botar os tropezóns de chocolate.
Colocar a masa no recipiente para biscoitos. Cociñar durante 50 minutos. Quitar o biscoito da biscoiteira nada más quitalo do forno e deixar enfriar.
Beatty Zimmerman, nai de Bob Dylan, di que esta receita non pode fallar: “Faise nun minuto.”
Nota: podédelo crer ou non, pero esto é tan certo como que Dylan compuxo LARS, confiade en min. Eu vouno tentar, a ver que tal sae. Que vos aproveite.