+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

12 verbas

Alguén tivo a ocurrencia, pola rede adiante, de mirar cales son as 12 verbas máis usadas por BD nas súas cancións. Supoño que debería confirmar tal cousa, pero a verdade é que hai unha manchea de tonterías nas que perder o tempo como para repetir a que xa fixo outro desocupado (e. g., este pos). Digo eu.

As tales verbas son: babe, bells, blue, gypsy, heart, mama, rain, reflection, river, ship, wall e wind, así que supoño que os versos que siguen terán que soar dylanianos á forza, por malo que sexa o poeta:

Oh, Babe! Rain’s wiped up your reflections on the wall
And wind’s taken ships away from blue river
Now I’m a-hearin’ bells’ echo inside mama’s gypsy heart.

Por exemplo. Acompañado dunha música country-western ou directamente folk (Happy Traum tería moito que dicir aquí) podería estar na bridge dunha canción titulada Mama’s Gypsy Heart ou Lone Tree Ferry’s Talking Blues, por dicir algo. O segundo verso, para min, é o máis dylaniano, e o terceiro un pouco menos. Entendo que o primeiro é o máis frouxo (ese wiped up non soa nada). Pero seguro que vós o podedes facer mellor ou, para que non vos corte a modestia, polo menos igual de mal. Veña. Agardo os vosos versos. Será divertido.

3 Responses to 12 verbas »»


Comments

  1. Comment by r.r. | 2007/11/05 at 20:08:02

    ¡Isto si que é un meme deses! ¡E entendino! (Non como o do 8)

    ¡Que ben que volveu, mestre!

  2. Comment by r.r. | 2007/11/13 at 10:15:50

    xD!

    Pois sería por iso que non me entrou na cabeza… Entendino á primeira e sospeitei


Leave a Reply »»