+rubén
Ola, son eu, De la Highway 61. Non tiña pensado volver tan axiña, pero a ocasión meréceo. Vaia se o merece!
Hoxe pola mañá vin na blo de Rubén “Hurricane Carter” Ruibal que o felicitaban algúns amigos, pero por máis que quixen mirar non fun quen de quitar as razóns. Son así de espabilao. Agora si. Amigo Rubén: non teño palabras. E eu, inocente de min, que pretendía escribir con vostede unha obra a dúas mans… a ignorancia, meu señor, que lle é moi moi ousada. De tódolos xeitos agardo que o das birras sexa algo máis “á miña medida” (e que non sexa algo mítico, como ameaza ser).
Nunca pensei ter un amigo virtual. É certo que cheguei fantasear co cibersexo: iso de ter unha amante medio espida ao outro lado do cable á que non se lle ve a cara mentres un entretén ao seu “miniyó” estarán de acordo comigo que é vulgar, pero efectivo. Agora ben, o de chatear cun tipo, casado, con fillos, con perilla e labrego, non me digan que non é totalmente preocupante, e xa non só desde un punto de vista heterosexual, senón desde calquera outro que se quera mirar.
Alguén di na blo de Rubén que se sinte feliz por ese premio, inda que non sabe se ten dereito a sentilo. Eu tamén o digo, e engado que me importa un carallo se o teño ou non e o que pensen vostedes ao respecto. Só sei que Rubén é un meu amigo, que foi o pai fundador de +dylan e que é unha das escasísimas razóns polas que me esforzo por encher estes píxeles con máis ou menos esforzo (con máis ou menos acerto) e inda que, por suposto, o premio non vai cambiar para nada todo iso, teño que dicir que hoxe síntome moi honrado de que así sexa.
Bicos es o máis grande, un saúdo, unha aperta, un 69 e o que faga falla.
PD. Rompo por 2ª vez o principio non escrito de que aquí só se fala de Dylan. Hoxe, ao dulathense, que lle dean, james dean. Principe de Asturias, Príncipe de Asturias… Hai que joderse, Rubén. Non, se seguro que o Dylan ese hase crer alguén importante… o que temos que aguantar os fans, filliño….