+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Un ano despois

 

Pois tal cal. Hoxe hai un ano que dlH61 puxo o primeiro pos aquí, en +dylan, a blo creada por Rubén para os amigos do vate de Duluth (un ano enteiro agardando para poñer vate de Duluth!). A intención primeira foi que se convertira nun espazo de creación colectiva, pero desde moi cedo (desde hai un ano, concretamente) o amigo dlH61 fíxose dono e señor do lugar, e todo para acabar abandonándonos. Qué cabrón. En fin. Volverá.

Sexa como sexa, aquí quedan todos eses amigos que fumos facendo e coñecendo, entre os que lembraredes a Fielding, a Knezovich, a Pettersen e a súa gravadora, ao gran Bryars, a Mike Reynolds, ao prodixioso Bruce Langhorne (ao que tanto e tanto lle debemos), a Jacques “Desire” Levy, ao plaxiado/afortunado Januchi e, sobre todo, ao amigo Bob Thomas, o noso particular seguidor imposible.

Viaxamos a Hibbing e ao Iron Range, fumos con Dylan a ver a Buddy Holly e asistimos tamén a unha misa gospel a carón da Highway 61; fumos de xira, viaxamos pola ruta 66 e estivemos en 56th and Wabasha; asistimos á gravación de Blood on the Tracks e dalgunha que outra canción (escoitamos xuntos Workingman Blues #2). Coñecimos ao Dylan xudeu (tamén ao sionista) asi como ao cristián. En fin, toda unha vida nuns cantos píxeles.

Pasámolo ben. Eu polo menos. Como este dhH61 se negou a poñer un contador, non podo dicir canta xente visita +dylan; tampouco leva conta de cantos pos van, nin cantos comentarios. É así. Sei que ten o récor de comentarios do mundo mundial, porque como esqueceu poñer un antiespán deses, os amigos da viagra empalmáronse todos e puxeron comentarios a fartar. A verdade é que, a parte dos da viagra, poucos deixan comentarios por aquí. Poucos pero escollidos, claro. Decote deixan inesquecible e impagable pegada Colodroni (Where are you, Colodroni?), Arume, Rubén e Mario, que entre todos non pasan de tres e, de cando en vez, vemos a Ana Bande, a Besbe, a Lula, a Occam e algún outro que, algunha vez, moi amablemente, nos deixan saber que pasaron por aquí.

A todos, aos que deixades comentarios, aos que pasades por aquí timidamente e, sobre todo, aos que vendedes viagra, moitisimas gracias de parte de dlH61 e de quen esto subscribe. Por aquí andamos para o que desexedes. Ás veces é canso, pero sempre un pracer. Bicos mil ou, como diría Patty Smith, bicos de nait.

One Response to Un ano despois »»


Comments

  1. Comentario by r.r. | 2007/10/22 at 01:21:28

    ¡Congratuleixons! (Mimá, qué vellos vamos).

    Un orgullo ser a madriña da botadura deste bló cando releo as cousas que nel escribiron o mestre dlH61 e a man anónima que conta canto o botamos de menos. Se chego lembrar o aniversario xúrolles polos deuses todos -Dylan incluído -que a noite pasada tería posto os rulos.

    Noraboísima e adiante. Sempre é un gozo pasear por estes poucos píxeles.


Leave a Reply »»

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image