Quén está aí dentro?
“Diante de calquera dos hoteis elegantes nos que nos aloxamos, está sempre aparcada e visible a gran motorhome verde e branca de Dylan, convertindo o sitio que sexa nun ambiente de camping de caravanas con marcha. Parece decidido a manter a súa condición xitana a calquera precio. Na avenida Madison, no corazón das tendas de xoiería, a caravana fai ruido de vida secreta. Xusto ao outro lado da rúa o circulo completo da Rolling Thunder está gorecida nas súas luxosas suites. O ‘xefe’ senta no seu tráiler observando a marcha do negocio. Algunhas veces óense febles sons acústicos, o repenicar de campás, un estraño fume azul serpea pola atmósfera. A un lado da caravana hai un pequeno cartel del plástico branco e negro que di: KEMP FISHERIES. Nunha ventaniña hai un cartel que anuncia un combate de loita libre. Ninguén podería imaxinar quén está dentro.”
Sam Shepard, Rolling Thunder: con Dylan en la carretera (Anagrama, 2006), páx. 173