+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Onde estás, De la Highway61?

 

Desapareceu. Non sei por onde anda. Estaba algo despistado desde pouco antes do verán, camiñando por casa dun lado para outro con ese andar paseniño, sempre arrastrando as punteiras, como con medo a pisar. “Senta e escribe algo” lle dicía eu, a ver se acougaba. Pero nada. De cando en vez puña unhas liñas, ou mas ditaba, pero nada máis. Seica andaba a artellar un texto dramático a medias cun teatreiro, pero por algunha razón cortóuselles o rollo. Tamén teño por aquí unha tradución de She Belongs to Me, coas súas rima e ritmo inda sen rematar de todo, pero sinal de que preparaba unha versión, así coma un interruptus doutra de Subterranean Homesick Blues que, polo que se pode apreciar, ía camiño de ser sorprendente, cando menos.
Comezou saír por aí polas festas (nunha destas foi cando o pillaron para cantar coa París de Duluth) e vese que lle foi collendo gusto ao asunto. Cada vez pasaba menos tempo na casa, días enteiros por aí, sen vir sequera a durmir, se ben e certo que de cando en vez deixaba pegada nalgunha das blos amigas. Agora nin iso. Non sei nada del. Non o atopo nin na casa, nin no coche, nin no choio, nin na cama, nin baixo das teclas do ordenata, que xa levantei unha a unha sen resultado…
A verdade é que, inda que o boto de menos, tampouco me viña nada mal un pouco de descanso, xa que con aquel ir e vir continuo do meu dlH61, non era quen de pensar en nada máis que non fora Dylan, Dylan, Dylan (como se houbera outra cousa na que pensar, iso tamén é verdade). Pero tamén estou preocupado, para qué o vou negar. Xa mandei recado polos camiños, e saín varias noites á porta a berrar por el, pero sen resposta. Onde estás, meu fillo de ollos azuis? Onde estás, meu rei?

2 Responses to Onde estás, De la Highway61? »»


Comments

  1. Comentario by r.r. | 2007/10/04 at 18:58:31

    Pois daquela esperaremos, ata que o mundo caia esperaremos, que o mestre ben merece un descanso ou unha intensa viaxe e non é cousa de andar volvendo ós sitios e ós traballos por obriga. Tamén o Dylan se retirou con aquela trola do accidente de moto, e volveu raro, feito unha especie de San Agustín con botas campeiras, pero seguía sendo Bob, así que non tardou moito en enchernos co seu desexo, por exemplo, case nada, e xa antes cantou con Johny Cash, eu que sei. Pois que descanse o mestre, que siga polos camiños e cando volva que nos conte o que lle dea a gana. E que lle vaia moi moi ben. Dixen. E digo máis!


Leave a Reply »»

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image