+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2007/10


+rubén

 
Ola, son eu, De la Highway 61. Non tiña pensado volver tan axiña, pero a ocasión meréceo. Vaia se o merece!
Hoxe pola mañá vin na blo de Rubén “Hurricane Carter” Ruibal que o felicitaban algúns amigos, pero por máis que quixen mirar non fun quen de quitar as razóns. Son así de espabilao. Agora si. […]

Un ano despois

 
Pois tal cal. Hoxe hai un ano que dlH61 puxo o primeiro pos aquí, en +dylan, a blo creada por Rubén para os amigos do vate de Duluth (un ano enteiro agardando para poñer vate de Duluth!). A intención primeira foi que se convertira nun espazo de creación colectiva, pero desde moi cedo (desde hai […]

Quén está aí dentro?

 
“Diante de calquera dos hoteis elegantes nos que nos aloxamos, está sempre aparcada e visible a gran motorhome verde e branca de Dylan, convertindo o sitio que sexa nun ambiente de camping de caravanas con marcha. Parece decidido a manter a súa condición xitana a calquera precio. Na avenida Madison, no corazón das tendas de […]

De hippies e punkies: Time Pass… ¿Slowly?

Situación: A RTR está en Bostón. Sam sae do concerto de Dylan e cruza a cidade con Sloman, un periodista da Rolling Stone que non semella caerlle moi ben. Quere atopar a unha rapaza de San Francisco chamada Jane. Na súa procura chegan a un concerto punki. O fragmento gústame especialemente porque esa viaxe a […]

Conrad

 
“DYLAN: Tes lido algo de Conrad?
SAM: Non
DYLAN: Pois deberías ler a Conrad
(Pausa longa)
SAM: Les moito?
DYLAN: Algo
SAM: Tes lido sempre moito?
DYLAN: Sempre leo algo
SAM: Onde consigues os libros?
DYLAN: Nas bibliotecas da xente. Entro nas bibliotecas da xente e téñenos alí.”
Sam Shepard, Rolling Thunder: con Bob Dylan en la carretera (Anagrama, 2006), p. 112

Mentres agardo…

 
Mentres agardo leo o libro de Sam Shepard Rolling Thunder: con Bob Dylan en la carretera (Anagrama, 2006) que se deixou por aquí a medio ler o amigo dlH61. Se non vos importa, compartirei con vós algúns fragmentos que hei escoller eu, que para iso son o que vai a amenizar a espera. Por certo, […]

Onde estás, De la Highway61?

 
Desapareceu. Non sei por onde anda. Estaba algo despistado desde pouco antes do verán, camiñando por casa dun lado para outro con ese andar paseniño, sempre arrastrando as punteiras, como con medo a pisar. “Senta e escribe algo” lle dicía eu, a ver se acougaba. Pero nada. De cando en vez puña unhas liñas, ou […]