+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2007/06


Balada dun seguidor imposible III

Abandonou o centro de rehabilitación e comezou a viaxar polo país, indo de vila en vila, de cidade en cidade, tocando na rúa e en garitos de mala morte, levando a cabo unha xira que algúns, seguro máis pretenciosos, non dubidarían en calificar como interminable. E todo coa única esperanza, no seu delirio, de tropezar […]

Balada dun seguidor imposible II

  Construíulle unha cabana en Utah á súa muller e alí foron vivir. Contan que daquela sufriu un accidente de moto que o tivo recluído na casa durante un tempo, tempo que empregou para empaparse da música country-western que o rodeaba. Aos poucos comezou sentirse seguro naquel terreo que el estimaba lonxe das querencias do “anano maricón aquel”, […]

Balada dun seguidor imposible I

Dylan sufriu un atentado contra a súa vida en maio do 97 mentres estaba hospitalizado. É algo que non ten trascendido, pero que me contou un tipo que o sabe de primeira man. O asasino frustrado chamabase Robert A. Timbermann, coñecido tamén nos ambientes musicais como Bob Thomas. Non foi casualidade nin unha arroutada, o […]

In the Summertime (máis ou menos)

  Hoxe veu un amigo a casa a lembrarme que a media tarde chegaba o verán. Case se me pasa entre a chuvia e esta friaxe. Queixeime do tempo diante dun café negro e quente, pero o meu amigo díxome: “pero De la Highway, o tempo é como ven. Que veña frío en verán e quente en inverno, mesmo […]

Shine your light on me (IV)

Pois non. Seica Dylan non fixo brillar a súa luz en min. De feito, mentres el se convertía ao cristianismo eu gañaba plena conciencia do meu ateismo, o que non impide que as obras que pariu no seu período cristián sexan moi queridas e apreciadas por min, até o punto de que Slow Train Coming, […]

Shine your light on me (III)

Aquí achego dous documentos impactantes sobre a conversio de Dylan. O primeiro, post visión, é unha carta de BD á súa guía espiritual (e non tan espiritual), publicada no 1979 co título de Precious Angel; o segundo, ante visión, é un salmo, encadrado dentro do xénero das “súplicas”, publicado un ano antes e tamén coñecido […]

Shine your light on me (II)

Aqueles que tratan de atopar razóns científicas nas visións místicas coinciden en que para que estas se dean é necesaria unha certa predisposición. Quere esto dicir que é tan difícil que un indio cego de peiote ou mescal vexa a Virxe no lombo dun búfalo como que un acólito esquizofrénico farto de Quinito escoite falar […]

Shine your light on me (I)

Segundo Feitos dos Apóstolos 9, 3-9, a principios da Era Cristiá un tal Saulo (logo San Pablo), xudeu saduceo, se non me equivoco, tivo unha visión de Cristo. Di o Libro: “Sucedeu que, indo de camiño, cando estaba preto de Damasco, de súpeto foi rodeado por unha luz que viña do ceo, caíu na terra […]

Dicionario (VIII)

Dylamadversión s f 1 Disposición desfavorable ou hostil contra BD. 2 Crítica negativa dos concertos ou discos de BD. 3 Enemistade manifesta co mesmo artista. Dylamimetismo s m 1 Propiedade dalgúns cantantes para copiar a coloración aposemática da música dylaniana ca fin de ter algo gañado. 2 fig. Disposición dos músicos a imitar o comportamento, […]

Epifania III

Esto xa sucedeu en Hoxendía. Peregrinación ao Monte do Gozo, onde nunca antes estivera. Imos no coche do meu irmán cara a súa Epifanía I. Aparcamos abaixo, tomamos unha cervexa nun…, ben, nun sitio onde non nos atrevimos a coller un bocata e, ala, para arriba co resto da xente. Espectacular e cómodo o Monte […]