In the Summertime (máis ou menos)
Hoxe veu un amigo a casa a lembrarme que a media tarde chegaba o verán. Case se me pasa entre a chuvia e esta friaxe. Queixeime do tempo diante dun café negro e quente, pero o meu amigo díxome: “pero De la Highway, o tempo é como ven. Que veña frío en verán e quente en inverno, mesmo que veña frío pola mañá, que saia o sol a mediodía e que chova á tardiña é como ten que ser, ¿ou somos nós doutra maneira?”
Eu o que quería, en todo caso, era traervos aquí o verán de Dylan como vos trouxen a primavera, e aquí está, gracias ao meu amigo.
Girl of the North Country (1963)
Se vas durante unha tormenta de neve / Cando xea o río e remata o verán / Asegúrate de que leve un abrigo ben quente / que a protexa dos ventos que han soprar.
North Country Blues (1964)
O verán pasou / o chan estase enfriando / as tendas pechan unha tras doutra. / Os meus fillos marcharán / Tan pronto como medren / Nada hai aquí que os reteña.
Ballad in Plain D (1964)
Inda que estaba moi unida á súa nai e á súa irmá / Afasteina delas axudado dunha nova brisa de verán
Time Pass Slowly (1970)
Como a rosa vermella do verán que nun día florece, / O tempo pasa lentamente e desaparece.
I Believe in You (1979)
Creo en ti cando o inverno se volve verán / Creo en ti cando o branco se convirte en negro.
Every Grain of Sand (1981)
Pasei da máis extrema pobreza á riqueza na friaxe dunha luz invernal, / na desgraza dun día, na violencia dunha noite de verán, / Na amarga danza da soidade que se perde no espazo infinito, / No espello roto da inocencia de cada rostro esquecido.
In the Summertime (1981)
No verán, / Oh, oh, no verán, / No verán / Cando estabas comigo.
Under the Red Sky (1990)
Había un vello que vivía na Lúa / E un día de verán pasou por aquí.
Standing on the Doorway (1997)
A música soa baixiña, / Camiño polas noites de verán. / Onte todo ía tan rápido, / Hoxe vai todo de vagar.
Floater (2001)
Sopra unha brisa de verán. / Un vendaval chega. / Algunhas veces é de imbéciles / Deixarse levar por un vento calquera.
Summer Days (2001)
Días de verán, noites de verán remataron / Días de verán, noites de verán remataron. / Pero eu sei dun lugar onde inda ha pasar algo.