+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2007/05


Epifanía II

Pasou o tempo. Inda que non vivía en Hoxendía, xa pouco faltaba. O dez de maio comecei traballar na quenda de tarde. O 9 de xullo Dylan actuaba na cidade como parte dun concerto de tres días do que dicían que a idade dos artistas contratados sumaba 1000 anos (algúns dicían que era a idade […]

Epifanía I

Eu, como seguro que moitos dos que van ler (agardo) esto, vivín en Haitrintanos, un lugar non moi lonxe de aquí, pero moi distinto. Entre outras moitas cousas, polo que respecta a este pos direi que en Haitrintanos non hai blos, non hai yutuf, non hai Interné. Non pode habelos porque mesmo non hai informática […]

Unha tontería dylaniana

Por curiosidade. Que saibades que se queredes comprar unha mesa de centro, podedes ir a Muebles Dylan, en Huesca. Un pouco lonxe, tal vez. Que se queredes arranxar o coche en familia, en Madrid tedes Dylan Auto, S. L. Más difícil, moito máis difícil, sería que necesitárades un fontaneiro en Álava (e que aparecera), inda […]

Oh, but I was so much older then, I’m younger than that now

66 é o número da ruta que atravesaba EEUU desde Chicago até L. A. É unha vía histórica, porque desapareceu en 1985 e porque foi sumamente importante na historia do país. Foi trazada nos anos ’20 seguindo (máis ou menos) as rutas de penetración na época da conquista do Oeste, e acadou a súa máxima […]

Cash / Dylan: a conexión country

Pois ben. Chegado directamente dos arumeicos píxeles, Cash/Dylan. Aquí dous exemplos de cómo estes dous homes entraron en conexión. It ain’t me, babe / Non son eu, nena Afasta da miña xanela, / Faino tan rápido como queras. / Eu non son aquel a quen ti amas, nena, / Non son aquel que esperas. Dis […]

15 de Maio: Forever Young / Así pasen mil anos

Que Bob me bendiga e protexa sempre. / Que vexa os meus soños cumprir, / Que poda axudar aos demais / E que os demais me axuden a min. / Que poda construír unha esqueira ás estrelas / e subila chanzo a chanzo. / E seguir sendo novo así pasen mil anos. Que me faga […]

O día que morreu a música

Sábado 31 de xaneiro de 1959. Hoxe, no Duluth National Guard Armory, actúa Buddy Holly (e Richie Valens e Big Bopper Richardson entre outros). Son 122 km desde Hibbing por autoestrada, unha hora e media, aprox., quizais algo máis se segue a nevar toda a noite como parece. Despois de comer Bobby sae da casa camiño […]

Isis (ou como casar un 5 de maio e celebralo anos despois)

Casei con Isis o día 5 de maio, mais como non fun quen de retela durante moito tempo, ordenei de cortar o pelo e fuxir camiño dun descoñecido país, deses onde non é moi aconsellable perderse. Cheguei a un pobo cheo de claroescuros polo medio do cal pasaba a fronteira, amarrei o cabalo a un poste á dereita da rúa […]

In Memoriam: 1917/1º de Maio de 2007

“Mi última voluntad. Mi testamento es fácil de escribir/ Porque nada hay que dividir./ Los míos no van a pelear, ni deben ni pueden,/ “No se pega el moho a las piedras que se mueven”./ Mi cuerpo? Oh! Si en mis manos estuviera/ Lo reduciría a cenizas sin dudar siquiera,/ Y esperaría que llevado por una brisa alegre/ Mi polvo cayera en algún lugar donde […]