Unha tontería dylaniana
Por curiosidade. Que saibades que se queredes comprar unha mesa de centro, podedes ir a Muebles Dylan, en Huesca. Un pouco lonxe, tal vez. Que se queredes arranxar o coche en familia, en Madrid tedes Dylan Auto, S. L. Más difícil, moito máis difícil, sería que necesitárades un fontaneiro en Álava (e que aparecera), inda que fora un de Dylan Staal España S. L. U. E para cremas, potingues antiedade e todo iso chamaremos a Cosmética Dylan, que nolas servirán desde Manresa.
Máis propio sería tomar unhas copas no Dylan Coffe and Cigaret’s Pub de Granada ou no Bar Dylan C. B. de Donostia. Máis preto de nós, mesmo na Coruña, na rúa Federico Tapia está o Bar Bob Dylan, apto para unhas cañas e (por qué non?) para unha quedada dylánica.
Coñecedes algúns sitios máis con ese nome?
(De novo, perdón, son Chiquito)