Cash / Dylan: a conexión country
Pois ben. Chegado directamente dos arumeicos píxeles, Cash/Dylan. Aquí dous exemplos de cómo estes dous homes entraron en conexión.
It ain’t me, babe / Non son eu, nena
Afasta da miña xanela, / Faino tan rápido como queras. / Eu non son aquel a quen ti amas, nena, / Non son aquel que esperas.
Dis que buscas a alguén / Que non desfaleza e estea sempre ao teu carón, / Para protexerte e defenderte / Teñas ou non teñas razón,
Alguén que abra tódalas portas ao teu redor,
Pero ese non son eu, nena, / Non, non, non, ese non son eu, nena, / Non son eu ese que buscas, nena.
Afasta un pouco da xanela, nena, / Anda e pousa no chan, / Eu non son aquel a quen ti amas, nena, / Enchería de tristura as túas mañás.
Dis que buscas a alguén / Que te prometa esa calor, / Alguén que peche os seus ollos por ti, / Alguén que peche o seu corazón,
Alguén que morra por ti e por ti só.
Pero ese non son eu, nena, / Non, non, non, ese non son eu, nena, / Non son eu ese que buscas, nena.
Volve fundirte coa noite, nena, / Non hai máis que pedra no interior. / Nada se move aquí dentro, /Mais non penses que estou só.
Dis que buscas a alguén / Que recolla cada flor, / Que te levante cando caias, / E que veña cando levantas a voz,
Un amante para sempre e nada mellor,
Pero ese non son eu, nena, / Non, non, non, ese non son eu, nena, / Non son eu ese que buscas, nena.
Wanted Man / Buscado
Buscado na Capela, buscado en Ferrol, / Buscado en Xinzo de Limia, buscado en Porto Dosón, / ”Se busca” en Oza dos Ríos, “Se busca” no Courel, / Mires para onde mires verás sempre ese cartel.
Pode que estea na Estrada ou en Vigo xunta o mar, / Traballando para alguén que non poda sospeitar. / Se me viras no teu barrio, e me poideras coñecer, / Pensa que estou escapando, non llo digas a ninguén.
Buscado por MJ, buscado por Besbelliña, / Buscado por Ana Bande, buscado en calquera vila. / Collín todo o que quixen do que se me puxo a man / E máis que necesitara inda que saíra mal.
Agacheime en Ponferrada, parei a tomar un grolo / E perdinme en Carballiño cunha rapaza no colo. / Puxenme durmir en Laza, espertei en Vilagarcía, / Non entendo porque coño son buscado entre unha e outra vila.
Buscado nas Pontes, buscado en Vilaxoán, / Buscado en Vilalba, buscado en Portozás, / Sempre hai alguén agardando atraparme, aquí e acolá, / Non importa onde mires, crerás que me viste pasar.