15 de Maio: Forever Young / Así pasen mil anos
Que Bob me bendiga e protexa sempre. / Que vexa os meus soños cumprir, / Que poda axudar aos demais / E que os demais me axuden a min. / Que poda construír unha esqueira ás estrelas / e subila chanzo a chanzo. / E seguir sendo novo así pasen mil anos.
Que me faga máis vello pero máis recto, / Que medre para ser mellor, / Que sexa quen de ver a verdade / E as luces ao meu redor. / Quero ser cada día máis forte / honesto e arriscado. / E seguir sendo novo, así pasen mil anos.
Agardo que os meus pés estean sempre listos, / Sempre ocupadas as miñas mans, / Que cando sopren ventos fortes e xeados / Os meus alicerces podan de min aguantar. / Que a miña canción non cale nunca, / Que o meu corazón sexa iluminado. / Seguir sendo novo así pasen (outros) mil anos.
(Posteado por Chiquito por xentileza de r. r.)