+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

15 de Maio: Forever Young / Así pasen mil anos

Que Bob me bendiga e protexa sempre. / Que vexa os meus soños cumprir, / Que poda axudar aos demais / E que os demais me axuden a min. / Que poda construír unha esqueira ás estrelas / e subila chanzo a chanzo. / E seguir sendo novo así pasen mil anos.
Que me faga máis vello pero máis recto, / Que medre para ser mellor, / Que sexa quen de ver a verdade / E as luces ao meu redor. / Quero ser cada día máis forte / honesto e arriscado. / E seguir sendo novo, así pasen mil anos.
Agardo que os meus pés estean sempre listos, / Sempre ocupadas as miñas mans, / Que cando sopren ventos fortes e xeados / Os meus alicerces podan de min aguantar. / Que a miña canción non cale nunca, / Que o meu corazón sexa iluminado. / Seguir sendo novo así pasen (outros) mil anos.

(Posteado por Chiquito por xentileza de r. r.)

One Response to 15 de Maio: Forever Young / Así pasen mil anos »»


Comments

  1. Comentario by dylangz | 2007/05/15 at 19:20:01

    Dylamén.

    PD: Hoxe na súa honra -e na de Isidro o Labrego Bo- aquí en Oza dos Ríos estamos de festa.


Leave a Reply »»

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image