+dylan

dylanianos, dylanitas, dylántropos, vinde!

Archive for 2007/04


Unha con fotos

Mozambique, fermosa canción. Un lugar onde Dylan gustaba estar, o ceo soleado e a auga azul, onde as parellas bailan agarrao e non está mal para pasar unha semana ou dous. Uns din que Mozambique é un país do sur de África onde se fala portugués, que obtivo a independencia de Lisboa no 1975 ao […]

Rita May / Rita Mae Brown

Rita May, Rita May / Semella que te estorba o corpo / Es tan malditamente fría / Pero é a túa mente o que eu quero / Cabréasme e boto fume / Fasme sentir coma unha merda / Rita May. Rita May, Rita May / Cómo é que chegaches ser así? / Cando foi que […]

2057 d. C.

O vindeiro mes, na sede da Fundación De la Highway61 para o Desenvolvemento das Artes (FDLH61), inaugurarase a exposición “De la Highway61: do blogomillo ao ceo, 50 anos de música, teatro, cine e literatura”, que conmemora o lanzamento o 21 de abril de 2007 (coincidindo cos seis meses de presenza no blogomillo), do que sería […]

Os tres dedos de Bruce

Bucky Baxter estaba sentado fronte a Dylan cando este ficou durante uns intres mirando o bote de salsa que tiña na man. “Non o podo crer! Brobrubru!”, exclamou. “Seguro que non coñeces a este tipo”. Bucky botou unha ollada ao negro retratado na etiqueta e dixo non coa cabeza. “O gran Bruce Langhorne!” Bucky sabía […]

+Blood on the Tracks

Pola mañá cedo, Chris recibiu unha chamada. Era Rod Tackett, do Sound 80 Studio, cun dos seus habituais pedidos raros e urxentes. Nesta ocasión tratábase dunha Martin, un modelo do ’61 do que se fabricaran só unhas poucas pezas. Hai músicos moi repunantes que ten que ser ese timbre e non vale nada que non […]

Unha de versións

No ano 1968 o gran Hendrix fixo unha versión de All Allong the Watchtower que publicou só seis meses despois da saída de John Wesley Harding, LP no que Dylan presentaba esa canción. O seu éxito foi incontestable, maior do que sucedera coa versión orixinal. Non era, nin moito menos, a primeira versión dunha canción […]

Dylan, Chiquito e a fodenda

Bos días Anda Chiquito algo preocupado porque non se ve quen de atopar entre o cancioneiro dylan cancións para acompañar a fodenda. E non quere defraudar, pero vai ser que si. Tedes que comprender que para el foder escoitando a BD é como facelo escoitando a súa nai, e foder é un verbo que no se […]