Unha con fotos
Mozambique, fermosa canción. Un lugar onde Dylan gustaba estar, o ceo soleado e a auga azul, onde as parellas bailan agarrao e non está mal para pasar unha semana ou dous. Uns din que Mozambique é un país do sur de África onde se fala portugués, que obtivo a independencia de Lisboa no 1975 ao tempo que se iniciaba unha guerra civil que durou 16 anos e que era continuación da Guerra de Independencia. Para outros Mozambique é unha pequena cala ao sur de Zuma Beach, California, na mesmísima Malibú, onde Dylan vivía por aquel entón. No primeiro caso estaríamos a falar dun BD “simpaticón”, con ganas de vacilar, metido na lama da guerra e chamando a atención sobre a dor polo camiño da ironía. No segundo, estaría sacándolle ferro ao seu mellor e máis denso e literario disco (hoxe tócalle a este) cunha canción leda e intrascendente. É posible que Dylan mesturara nesta canción os dous Mozambiques e xogara co contraste entre un e outro: cómo está o mundo, uns alí matándose e nós aquí bañándonos. En todo caso e como non teño ganas de enrollarme, vouvos poñer unhas fotos relativas ao asunto, que sempre ando escaso de imaxes mentres os demais, ala, veña ilustracións.
Esta primeira é unha visión distinta do asunto presentada por un pintor español afincado en Italia, Julián Pacheco, que pintou este Banchetto nel Mozambique no 1973. Vese que carece do senso do humor do noso amigo.
Esta é a bandeira de Mozambique

Estas son unhas mozambiqueñas e os seus fermosos bebés.

Estas son praias de Mozambique (sunny sky and aqua blue!)


Estas son Zuma Beach mesmo, ao pé da casa do noso amigo
Esta é a casa do noso amigo, que hai que joderse.
E un detalle da súa casa, deseñada por un arquitecto famoso (así quedou).

Este é o noso amigo en Zuma Beach, con e sen moto (e eu coa miña vespa…)
Agardo que vos entretivera un cacho. Deixovos con outra imaxe de Zuma Beach, mitiquísima. Bicos.

