Rita May / Rita Mae Brown
Rita May, Rita May / Semella que te estorba o corpo / Es tan malditamente fría / Pero é a túa mente o que eu quero / Cabréasme e boto fume / Fasme sentir coma unha merda / Rita May.
Rita May, Rita May / Cómo é que chegaches ser así? / Cando foi que viches a luz? / É que nunca tes medo? / Estasme a joder e sinto náuseas / Pero contigo aprendo moito / Rita May.
Os meus amigos dixeron / Que se perdía o tempo contigo / Acabaría deprimido. / Pero eu ben sei que cando me abrazas / Seguro que hai algo dando voltas / Por esa cabeciña túa.
Rita May, Rita May / Apilando un montón de cartos [ ou marihuana] / Lembras onde estiveches? / Sabes onde carallo estás? / Vou ter que voltar ao cole / Porque estás feita unha enciclopedia / Rita May.
Ben. Esta é a letra de Rita May. É moi enredada, moi slang, mais coido que esta miña tradución respecta o sentido. Pero quén era esa Rita May que tanto irritaba a BD? 
Rita Mae Brown (Hanover, Pens., 1944) é autora dunha inxente obra literaria que inclúe ensaio, poesía, guións para a TV (ten dous Emmys), contos… Nos anos ’60 tomou parte na loita polos Civil Rights, especializándose nos movementos gays e feministas, chegando a liderar e co-fundar varias organizacións, como The Furies, que sostiñan que a heterosexualidade era a causa de toda opresión. Parece ser que coincidindo coa saída e o éxito dos seus primeiros libros nos anos ’70, foi relaxando a súa presencia nestas lides e adicándose cada vez máis á literatura e á empresa (é propietaria dunha oficina que procura guións e ideas para TV).
Qué lle molestou a Dylan desta muller? Non o sabemos. Porén, sabemos que Rita chegou ao Village no 1964 e que viviu un tempo nun coche abandonado, coido que máis como resultado da bohemia propia do tempo que dunha real necesidade. En todo caso Dylan era xa unha estrela que vivía como tal por aquel entón, polo que semella difícil que tropezara cunha estudante tirada (digo eu). Esta rapaza entrou na universidade e licenciouse nalgo semellante a filoloxía inglesa e clásica, e en 1973 acadou un doutorado en Ciencias Políticas. Foi entón cando publicou Rubyfruit Jungle (Frutos de rubí (1995), ed. Horas y horas), novela (semi)autobiográfica na que se presenta coma unha moza teimuda e algo chea de si mesma que non está disposta a pedir perdón por ser lesbiana e que perturba pola súa honestidade e libertade, situada máis aló da sociedade heterosexual e tamén do ambiente. É posible que o éxito deste libro procurara a entrada de Rita no círculo de persoeiros de Nova Iorque e que fora entón cando tropezou con Dylan, que escribiu esta canción na primavera-verán do ’75. Por aí vai encaixando. 
Qué lle molestou a Dylan desta Muller? Seguimos sen sabelo. Amor e/ou sexo? Semella difícil, inda que todo pode ser (de paso: Rita saía daquela con Martina Navratilova, outro dos meus all-time ídolos, xa é casualidade, cómo me gusta esa muller, e qué ben me acae, é acojonante). Molestáballe que aquela rapaza lera con soltura aos clásicos en grego e latín e fachendeara diso? Que lle pareceran gilipollas os que non estaban de acordo con ela? Que se presentara dicindo: chámome Rita e son lesbiana? Que non ficara abraiada ao telo diante? Que se comportara coma unha nena resabiada á que todo lle esvara? Que estivera todo o rato falando en serio e dando leccións de todo? Tal vez un pouco de aquí e acolá, se facemos caso á canción. O que fora, pero non me digades que non vos presta escoitar (qué ben soa) a Dylan cabreado, tenso e superado. Ai, Dylan, Dylan… Pilláronte.