Dylan, Chiquito e a fodenda
Bos días
Anda Chiquito algo preocupado porque non se ve quen de atopar entre o cancioneiro dylan cancións para acompañar a fodenda. E non quere defraudar, pero vai ser que si. Tedes que comprender que para el foder escoitando a BD é como facelo escoitando a súa nai, e foder é un verbo que no se conxuga con nai nin en suahili.
Por outra banda, De la Highway non é home de musiquiñas nin candeas nin aceites aromáticos, baños entre flores nin outros aditamentos á hora da “facenda” (síntese polas dylanitas románticas, saúdase ao resto). Iso queda ben nas películas, como foder de pé entre as ondas: cando xa o fixeches unha vez na praia de Ortigueira, tentando non perder a vertical en plena galerna, coa auga por baixo dos 13º, e co aquel da rapaza feito un reloxo de area, perde toda a súa graza. A voz dunha muller quente é música celestial para ese a quen chamades ”mestre” e chégalle para pór as pilas ao seu pene marca “acme” (non é que falle, é que non da pillao o Correcamiños).
De todos os xeitos, apertándolle, quiteille unhas poucas cancións por se alguén quere probar, inda que, repito, el non lle ten moita confianza. Tede en conta que BD tampouco é Barry White, nin moito menos Marvin Gaye ou James Brown, gran esquecido nas bandas sonoras do fodomillo polo que poidemos ler.
1. Lay Lady Lay: (Definitiva para acompañar os últimos golpes de ril) “Por qué agardar polo mundo / se podes coller o teu pastel xa e comelo?”
2. I’ll Be Your Baby Tonight: (Ritmiño vacilón, xoguetón) “Sácate os zapatos, non teñas medo / trae esa botella para aquí /Serei teu neno esta noite”
3. New Pony: (Blues arrastrao, de casa de mala fama ”As veces pregúntome que ten na cabeza a señorita X. / É toda vontade, nunca sei que é o próximo que me vai facer”. “Ven, meu pony, quero montarte outra vez / es tan suxa e mala, como non te vou querer?”
4. Where are you Tonight?: (Tempo medio, ritmo sostido, soul) “Trabei na raíz da froita prohibida e deixei o zume correr pola miña perna”
5. The Man in Me: (Erótico-festiva, moito máis festiva ca erótica, para foder en confianza) “Coller unha muller así coma tí / para atopar o home que hai en mín.”
6. I’ll Remember You: (Unha baladiña para rematar con elegancia, que nunca se sabe) “Hai xente á que nunca esqueces /inda que so a teñas visto unha ou dúas veces.”
E non lle din sacado máis. Está o home un pouco triste por non respostar ás espectativas. Tedes que perdoalo.
Así mesmo quero darlle as grazas a De la Highway por deixarme este espazo e a todos vós por esta iniciativa que me permitíu saír nel. Bicos.
Séxar (alter ego analóxico do mestre Chiquito), ao voso servizo.